Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26355

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 846/2018).

Eu, Maria Iria Roman Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 846/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Inmaculada Carpinteiro Botana contra Innovis Laboratorios, S.A. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2019.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, logo de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 846/2018 en que foron parte, como demandante, Inmaculada Carpinteiro Botana, asistida polo letrado Sr. Nouche Ferreira e, como demandada, Innovis Laboratorios, S.L.U., que non compareceu, malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre extinción de contrato e reclamación de cantidade, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Resolución.

Estímase a demanda interposta por Inmaculada Carpinteiro Botana e, en consecuencia:

Declaro extinguida a relación laboral que unía as partes na data da presente resolución. Condeno a entidade demandada a que aboe á demandante a suma de 2.197,71 euros en concepto de indemnización. Condeno a entidade demandada a que aboe á demandante a suma de 7.405,70 euros en concepto de salarios debidos.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Fogasa, se é o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Innovis Laboratorios, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza