Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2019 Páx. 26119

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos

EDICTO (313/2017).

F02 Faml. Gard, custdo. ali. fillo menor matri. nº C 313/2017

Procedemento de orixe: sobre outros-familia incidentes

Demandante: Tamara Rivada Aguiar

Procuradora: María Dolores Franco García

Avogado: Ministerio Fiscal

Demandado: Julio Eiriz López

Eu, Eva Manuela García Mallo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos, por este edicto fago saber que no presente procedemento de medidas paternofiliais F02 313/2017, seguido por instancia de Tamara Rivada Aguiar contra Julio Eiriz López, se ditaron sentenza e auto aclaratorio dela cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Monforte de Lemos, 17 de decembro de 2018.

Vistos por min, César Saco Figueiras, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos e o seu partido, os autos de procedemento sobre regulación de medidas paternofiliais número 313/2017, seguidos por instancia de Tamara Rivada Aguiar, representada pola procuradora Sra. Franco García, baixo a dirección da letrada Sra. Álvarez Ramil, contra Julio Eiriz López, en situación procesual de rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal, resolvo con base no seguinte.

Resolvo:

Estimando integramente a demanda interposta pola procuradora, Sra. Franco García, en nome e representación de Tamara Rivada Aguiar, contra Julio Eiriz López, declárase que:

– Julio Eiriz López queda excluído da patria potestade e demais funcións tuitivas e que non ten ningún dereito por ministerio da lei respecto, do fillo Noel Eiriz Rivada, ou dos seus descendentes, ou nas súas herdanzas.

– A nai, Tamara Rivada Aguiar, ten exclusivamente a patria potestade sobre o menor, Noel Eiriz Rivada, e, pola súa vez, ten a súa garda e custodia.

– Julio Eiriz López deberalle aboar á nai, en concepto de pensión de alimentos en favor do menor Noel, o importe de 300 euros mensuais, que se aboarán desde a data de interposición da demanda. Verificarase o pagamento por meses anticipados, do 1 ao 5 de cada mes, no seguinte número de conta bancaria: ES44 3070 0034 7110 7616 (Caixa Rural Galega). A cantidade fixada en concepto de pensión de alimentos actualizarase anualmente conforme as variacións que experimente o IPC que aplique o Instituto Nacional de Estatística (INE) ou organismo que poida substituílo. De existiren gastos extraordinarios, serán sufragados por ambos os proxenitores a partes iguais.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Modo de impugnación. Recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela…».

«Auto.

Xuíz/maxistrado xuíz: César Antonio Saco Figueiras.

Monforte de Lemos, 13 de febreiro de 2019.

Antecedentes de feito.

Único. Con data do 17 de decembro de 2017 ditouse sentenza que foi notificada ás partes. A representación da demandante, Tamara Rivada Aguiar, solicita rectificación da mencionada resolución.

Fundamentos de dereito.

Único. “… Por outra parte, o número de conta corrente onde se deberán facer os ingresos da pensión presenta un erro; a numeración correcta é a seguinte: ES44 3070 0034 8760 7110 7616”.

Parte dispositiva

Acordo:

Cómpre a rectificación da Sentenza do 17 de decembro de 2018, ditada por este xulgado no seo do procedemento 313/2017, solicitada pola representación de Tamara Rivada Aguiar, nos termos expostos no fundamento xurídico único desta resolución».

Ao encontrarse o dito demandado, Julio Eiriz López, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Monforte de Lemos, 28 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza