Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25886

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos

EDICTO (27/2018).

Eu, Eva Manuela García Mallo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos, fago saber que no presente procedemento de divorcio contencioso, seguido por instancia de Eva Monteiro, beneficiaria de xustiza gratuíta, fronte a Mohamed Yahyaqui, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Monforte de Lemos, 2 de abril de 2019

Vistos por min, Cesar Antonio Saco Figueiras, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos e o seu partido, os autos de divorcio contencioso nº 27/2018, seguidos por instancia de Eva Monteiro, representada pola procuradora Sra. Seoane Portela, baixo a dirección do/a letrado/a Sr/a. Jiménez Lara, contra Mohamed Yahyaoui, en situación de rebeldía procesual, resolvo con base nos seguintes:

Resolución

Admitindo a demanda interposta por Eva Monteiro contra Mohamed Yahyaoui, debo declarar e declaro disolto por causa de divorcio o matrimonio dos litigantes, celebrado o 4 de febreiro de 2004, con todas as medidas legais inherentes a tal declaración.

Acórdase a disolución do réxime económico matrimonial a partir da firmeza desta resolución.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

En canto sexa firme esta sentenza, comuníquese ao Rexistro Civil en que se estea inscrito o matrimonio para a súa inscrición.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, conforme o disposto na LAC.

Así o pronuncia, manda e asina. Dou fe».

E ao estar o demandado, Mohamed Yahyaoui, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Monforte de Lemos, 9 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza