Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25884

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 260/2018-MF).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 260/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Martínez Lopo contra Cars Saved e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2019.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, logo de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 260/2018, en que foron parte, como demandante, Manuel Martínez Lopo, asistido pola letrada Sra. Rey Salorio e, como demandado, a empresa Cars Saved, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei.

Resolvo que se estima parcialmente a demanda interposta por Manuel Martínez Lopo fronte á empresa Cars Saved, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 1.105,85 euros. Son de aplicación os xuros por mora do 10 %.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes, contra a cal non cabe recurso de suplicación por razón da contía.

Así o acorda, manda e asina.

Para que sirva de notificación en legal forma a Cars Saved, S.L. en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza