Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25476

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de auto de aclaración de sentenza (PO 965/2016-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 965/2016 por instancia de Francisco José Mosteiro Ponce contra Hijos de Francisco Mosteiro Calza, Sociedad Regular Colectiva e Fogasa sobre procedemento ordinario nos que recaeu auto de aclaración en data do 29 de abril de 2019 que copiado nos particulares necesarios di así:

Parte dispositiva

Dispoño:

Procede a aclaración de sentenza do 2 de abril de 2019 e modifíquese o fundamento de dereito terceiro e a resolución, os cales quedarán do teor literal seguinte:

«Terceiro: comprobado que, efectivamente, tal e como resulta da acta de conciliación a cantidade que lle corresponde ao traballador era de 41.113,32 euros líquidos, dos cales a empresa aboou 24.667 euros e o Fondo de Garantía Salarial, a de 7.313,14 euros, restan por abonar a cantidade de 9.133,18 euros da que haberá de facer cargo a empresa, cantidade que devindicará o xuro legal, con imposición de custas.

Resolvo: estímase a demanda formulada por Francisco José Mosteiro Ponce fronte á empresa Hijos de Francisco Mosteiro Calza, S.R.C., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase á empresa Hijos de Francisco Mosteiro Calza, S.R.C a abonar a Francisco José Mosteiro Ponce a cantidade de nove mil cento trinta e tres euros con dezaoito céntimos de euro (9.133,18 euros) cantidade que devindicará o xuro legal e con imposición de custas».

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin fornecerán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal. Contra este auto non cabe interpoñer recurso sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse fronte á resolución aclarada.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Hijos de Francisco Mosteiro Calza, Sociedade Regular Colectiva, expido o asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza