Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24590

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (528/2017).

Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 528/2017 por instancia de Josefa Remuiñán Sánchez contra as empresas Deus Creaciones, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Rogelio Bodelo Pichel e Perseo Textil, os administradores concursais de Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Shivshi, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Perseo Textil, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza o 10 de abril de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución

Estímase a demanda interposta por Josefa Remuiñán Sánchez fronte ás empresas Deus Creaciones, S.L., Confecciones Ideal, S.L. (desistido), Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Rogelio Bodelo Pichel (desistido) e Perseo Textil, así como aos administradores concursais de Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Shivshi, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Perseo Textil, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento da traballadora con data de efectos do 3 de abril de 2017.

– Condénase a empresa Shivshi, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 12.303,42 euros, determinado o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 35,87 euros diarios. Das devanditas cantidades responderá solidariamente as empresas Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Perseo Textil, vinculando os administradores concursais de Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Shivshi, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Deus Creaciones, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Rogelio Bodelo Pichel e Perseo Textil, os administradores concursais de Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Deus, S.L., Shivshi, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 26 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza