Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24589

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (434/2017).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social se ditou Resolución o 24 de abril de 2019, dirixida a Deus Creaciones, S.L. e outras, contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber igualmente que no dito órgano xudicial as interesadas poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Perseo Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza