Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24578

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2019 pola que se amplían e redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes, recollidos na Resolución do 10 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria (código de procedemento IN421L).

Mediante a Resolución do 10 de xaneiro de 2019 que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 33, do 15 de febreiro, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria.

Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución o financiamento desta convocatoria faise con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia para o ano 2019.

O artigo 3.1 das bases reguladoras prevé a posibilidade de que o crédito máximo recollido neste artigo poida ser redistribuído se pasados dous meses desde a apertura do prazo de solicitudes nalgunha das epígrafes non se rexistran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles, e noutra das epígrafes existe listaxe de espera.

No transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas, nalgunha das epígrafes o número de solicitantes é inferior ao agardado, mentres que noutras o volume de axuda solicitada superou a dispoñibilidade orzamentaria, cómpre facer unha redistribución de fondos entre as distintas epígrafes e ampliar o crédito orzamentario para, así, poder atender un maior número de solicitudes.

O artigo 3.1 das bases reguladora relativo ao financiamento prevé unha dotación inicial de 1.720.000 € e no punto segundo dese mesmo artigo establécese a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

O artigo 31 do Decreto 11/2009, establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior, e dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recurso públicos, maximizando o impulso de proxectos de aforro e eficiencia enerxética.

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar a dotación de fondos inicialmente prevista nesta convocatoria na contía de 780.000,00 €, polo que o importe total asignado para estas axudas tras esta ampliación ascende a 2.500.000,00 €.

Segundo. Ampliados os fondos destinados ás subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria, estes redistribúense en función do volume de solicitudes do seguinte xeito:

Liña de axuda

Aplicación orzamentaria

Dotación orzamentaria inicial

Modificacións

Dotación orzamentaria final

RT - Proxectos de enerxías renovables térmicas

09.A2.733A.770.1

400.000,00

0,00

400.000,00

RE - Proxectos de enerxías renovables eléctricas

09.A2.733A.770.1

1.120.000,00

960.000,00

2.080.000,00

PAE - Proxectos de aforro e eficiencia enerxética

09.A2.733A.770.0

200.000,00

-180.000,00

20.000,00

Total

1.720.000,00

780.000,00

2.500.000,00

Terceiro. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia