Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24577

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios e protocolos de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

Coa finalidade de incrementar a transparencia e a difusión da actividade desenvolvida polo Consello de Contas de Galicia,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2019 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2019

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Consello de Contas de Galicia
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2019

Convenio

Importe €

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello de Contas de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

0 €

8.2.2019

Protocolo de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e o Consello de Contas de Galicia para a promoción de actuacións en materia de prevención de riscos da corrupción na Administración local de Galicia.

0 €

12.3.2019

Protocolo de colaboración entre a Deputación Provincial de Lugo e o Consello de Contas de Galicia para a promoción de actuacións en materia de prevención de riscos da corrupción na Administración local de Galicia.

0 €

12.3.2019

Protocolo de colaboración entre a Deputación Provincial de Ourense e o Consello de Contas de Galicia para a promoción de actuacións en materia de prevención de riscos da corrupción na Administración local de Galicia.

0 €

12.3.2019

Protocolo de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Consello de Contas de Galicia para a promoción de actuacións en materia de prevención de riscos da corrupción na Administración local de Galicia.

0 €

12.3.2019

Protocolo de colaboración entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Consello de Contas de Galicia para a promoción de actuacións en materia de prevención de riscos da corrupción na Administración local de Galicia.

0 €

13.3.2019