Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2018/8702 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Junta de Compensación polígono 1-sector II SUNP IN.G.

Domicilio social: r/ Camiño Real, 115, baixo, 27004 Lugo.

Denominación: LMT, CT e RBT en nova urbanización, polígono 1, sector II, do SUNP IN-G.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

• LMT soterrada con orixe nunha cela de liña existente no CT Duquesa Garaballa (12347), entra e sae no CT proxectado e remata nun empalme que se vai realizar nunha arqueta existente na LMT Duquesa, cunha lonxitude de 185 metros en dobre circuíto e condutor RHZ1-240.

• CT en edificio prefabricado tipo PFU-4, no cal se instalan dúas celas de liña, unha de protección de transformador e unha de interruptor automático, cunha potencia máxima de 250 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Liña soterrada de baixa tensión con orixe no cadro de baixa tensión do CT proxectado e final nas parcelas por electrificar, formada por tres circuitos cunha lonxitude de 135 metros, 15 metros e 60 metros respectivamente en condutor tipo RV-240.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos decretos 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 22 de abril de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo