De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practefectuaricar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares da empresa citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio a resolución ditada no correspondente expediente sancionador.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A interesada dispón do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Advírteselle que, de non interpoñer recurso en tempo e forma, deberá aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:
– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 20 do mes seguinte da notificación.
– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.
De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
A Coruña, 6 de maio de 2019
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Acta inf. nº |
Empresa |
NIF |
Concello |
Materia |
Data da resolución |
RL 2019/0059-1 |
I152018000124822 |
Sistemas Froa, S.L. |
B54859640 |
Ondara |
Seguridade e saúde |
23.4.2019 |