Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2019 Páx. 24377

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 467/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 467/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Enrique Armijo Herrera contra Invertaresa, S.L., Isowat Made, S.L., Isowat Electric Engineering, S.L., Fogasa, administración concursal de Isowat Made, S.L. (Argo Asoc. Abogados y Ases. Trib., S.L.P.), administración concursal de Isowat Electric Engineering, S.L. (Insolvency and Legal, S.L.P.), sobre despedimento, ditouse a sentenza coa seguinte parte dispositiva:

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda que, en materia de resolución de contrato, foi interposta por Enrique Armijo Herrera contra as entidades Invertaresa, S.L., Isowat Made, S.L., Isowat Electric Engineering, S.L., e as administracións concursais de Isowat Made, S.L. e Isowat Electric Engineering, S.L. e, en consecuencia, debo absolvelos das pretensións formuladas na súa contra.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Enrique Armijo Herrera contra as entidades Isowat Made, S.L. e Isowat Electric Engineering, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as entidades Isowat Made, S.L. e Isowat Electric Engineering, S.L. a que abonen ao demandante a cantidade de 8.122,95 € líquidos por salarios devindicados entre febreiro e setembro de 2018, con inclusión de paga extra de xullo e media extra, así como o xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Enrique Armijo Herrera contra Invertaresa, S.L., á que debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Invertaresa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza