Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2019 Páx. 24443

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Tribunal de Contas (Sección de Axuizamento - Departamento Segundo)

EDICTO (procedemento de reintegro B-34/2019).

Mediante este edicto faise público, para dar cumprimento ao acordado pola conselleira de Contas, mediante Providencia do 5 de abril de 2019, ditada no procedemento de reintegro por alcance número B-34/19, sector público estatal (Informe de fiscalización do Tribunal de Contas da execución pola Autoridade Portuaria da Coruña. Proxecto de ampliación Punta Langosteira. Exercicios 2012-2014), A Coruña, que neste tribunal se segue procedemento de reintegro por alcance por presuntas irregularidades contables en materia de contratación postas de manifesto como consecuencia do Informe de fiscalización do Tribunal de Contas da execución pola Autoridade Portuaria da Coruña do proxecto de novas instalacións portuarias en Punta Langosteira, exercicios 2012, 2013 e 2014.

O que se fai público coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer nos autos, comparecendo en forma, dentro do prazo dos nove días seguintes á publicación deste edicto.

Dado en Madrid o cinco de abril de dous mil dezanove. O secretario, Jaime Veigas Torres. Asinado e rubricado.