Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2019 Páx. 24444

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre

ANUNCIO da convocatoria da LXI edición do Premio Fernández Latorre.

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre convoca o LXI Premio Fernández Latorre e invita particulares e institucións a participaren nel.

Este premio réxese polas seguintes bases:

1. Premio.

Concederase o Premio Fernández Latorre, dotado nesta edición con 10.000 euros, a un traballo xornalístico publicado en calquera medio de comunicación entre o 7 de maio de 2018 e o 6 de maio de 2019, ou a una traxectoria profesional no ámbito literario, artístico ou científico.

2. Ditame e entrega.

O ditame farase público no xornal La Voz de Galicia o vindeiro 25 de xullo, festividade do Apóstolo Santiago e Día de Galicia.

O premio entregarase no transcurso dun acto que terá lugar no último trimestre de 2019.

3. Xurado.

O xurado terá, ademais das facultades normais para elixir a traxectoria ou traballos premiados, as de interpretar as presentes bases.

4. Presentación de traballos.

Os expedientes ou traballos deberanse enviar por correo electrónico
(fundacionsantiagoreyfernandez-latorre@lavoz.es) ou ordinario á Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, avenida da Prensa, 84-85; polígono industrial de Sabón, 15143 Arteixo (A Coruña), ata o 31 de maio, coa indicación «Premio Fernández Latorre».

Os expedientes ou traballos poderán ser presentados polos interesados, polos membros do xurado ou por calquera persoa ou entidade. Neste último caso, débese acreditar o consentimento do/da candidato/a ou candidatos/as.

5. Condicións.

A presentación a este premio supón a conformidade dos participantes con estas bases e implica, de ser o caso, a autorización para a difusión pública do traballo premiado, sen finalidade lucrativa e por un período de tempo non superior a seis meses.

A decisión do xurado é inapelable.

A Coruña, 26 de abril do 2019

Santiago Rey Fernández-Latorre
Presidente da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre