Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2019 Páx. 24446

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario

ANUNCIO polo que se convoca a concesión da medalla de honra correspondente a 2019.

A Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario convoca a concesión da medalla de honra correspondente ao ano 2019.

A academia instituíu con carácter honorífico a devandita medalla.

Poderalles ser concedida a aquelas persoas ou entidades de carácter público ou privado que destacasen de maneira especial no cultivo, fomento, protección, defensa, etc., nalgún dos eidos das belas artes relacionados con Galicia.

Para participar na convocatoria será preceptivo formular, ante a Presidencia da Academia, a proposta asinada por calquera persoa ou entidade relacionada coa arte, acompañada da oportuna relación de méritos e circunstancias que, ao seu xuízo, xustifique a proposta.

O prazo de presentación da proposta será de dous meses desde a publicación da convocatoria.

A concesión da medalla de honra farase pública oportunamente e a súa entrega efectuarase coa debida solemnidade.

Para máis información, poderanse dirixir á Secretaría da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario; praza do Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. 15001 A Coruña.

A Coruña, 4 de abril de 2019

Manuel Quintana Martelo
Presidente da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario