Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2019 Páx. 24082

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 7 de maio de 2019 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE), para o ano 2019 (código de procedemento ED305F).

As diversas leis educativas sinalan a importancia do dominio dunha segunda, ou mesmo, dunha terceira lingua estranxeira na educación como consecuencia do proceso de globalización que vivimos. A Unión Europea fixa o fomento do plurilingüismo como un obxectivo irrenunciable para a construción dun proxecto europeo.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (en diante, Consellería) convocou, nos últimos anos, actividades formativas para o profesorado, tanto dentro do Estado español como no estranxeiro, co obxecto de fomentar a actualización metodolóxica e a mellora do seu nivel de competencia en comunicación lingüística en linguas estranxeiras a través do contacto directo con persoas dos países de fala inglesa, francesa, alemá e portuguesa.

Esta consellería, consciente da importancia da aprendizaxe destas linguas para os cidadáns e cidadás da nosa comunidade autónoma e da preocupación que, neste sentido, se manifesta desde todos os ámbitos sociais promove e convoca diversos plans e actuacións. Todas estas accións requiren para a súa óptima implantación dun profesorado actualizado e cun nivel de competencia comunicativa, polo que tamén se deseñaron os cursos de actualización lingüística e comunicativa para o profesorado que se desenvolve nas escolas oficiais de idiomas de Galicia e as probas de acreditación de nivel segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas (en diante, MCERL) organizada pola Rede de formación do profesorado.

Do mesmo xeito, levaranse a cabo diferentes actividades formativas no marco do fomento das competencias profesionais docentes, como son o Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) e a modalidade 6 das licenzas por formación.

Con esta convocatoria trátase de mellorar a competencia idiomática do profesorado e acadar a certificación desta mellora, así como afondar na didáctica do ensino de idiomas estranxeiros. Con este fin, ofértanse itinerarios intensivos que revitalicen e potencien contidos e aspectos lingüísticos xa adquiridos, que promovan o avance na consolidación e adquisición de niveis de competencia lingüística superior e que se teña a ocasión de aplicar no propio contexto todo o adquirido, fomentando o carácter cooperativo entre as persoas participantes.

En consecuencia, en virtude das competencias atribuídas polo artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto

O obxecto desta orde é a convocatoria de prazas para a realización de itinerarios formativos para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado.

Para a identificación desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia, denomínase «Realización de actividades de formación do profesorado no estranxeiro», co código de procedemento ED305F.

Artigo 2. Modalidade das prazas convocadas

As modalidades en que se convocan prazas para o profesorado son as seguintes:

1. Modalidade 1: integración. Itinerario formativo en tres fases.

Antes do inicio da actividade da fase B desta modalidade, o profesorado seleccionado que vaia participar nela deberá enviar ao correo electrónico formaes@edu.xunta.gal un plan de difusión onde se describan as accións que se compromete a realizar no seu centro de destino para dar visibilidade á experiencia formativa que vaia desenvolver e que deberá ser aprobado previamente.

a) Fase A (25 horas): curso de formación dunha semana de duración (7 días) en inglés, francés ou portugués na Comunidade Autónoma de Galicia, que terá lugar no primeiro trimestre do curso 2019/20.

O profesorado que teña acreditado un nivel C2 na lingua obxecto de estudo do MCERL non realizará esta fase.

b) Fase B (100 horas): programa de inmersión total en inglés, francés ou portugués, consistente na integración na vida escolar, sen obrigas lectivas, en centros escolares de Canadá, Francia ou Portugal.

O profesorado seleccionado integrarase en centros escolares e estará acompañado no horario lectivo do centro por un/unha docente da súa mesma área ou materia durante catro semanas, no primeiro trimestre do curso 2019/20. No caso do profesorado de formación profesional, o profesorado estará acompañado por un/unha docente dos mesmos módulos cando sexa posible ou por un/unha docente dun módulo afín.

As fases A e B realizaranse de forma consecutiva no tempo durante o primeiro trimestre do curso 2019/20 para garantir a substitución nos centros educativos durante as 5 semanas da duración destas fases.

c) Fase C (ata 25 horas): difusión da experiencia adquirida.

Nesta fase o profesorado deberá realizar:

Memoria do desenvolvemento do plan de difusión aprobado antes da realización da fase B, na cal se deberá acreditar adecuadamente todo o plan desenvolvido segundo as orientacións do anexo VI.

Proposta didáctica na lingua obxecto de estudo que demostre a transferencia á aula dos coñecementos e metodoloxía adquiridos na integración, segundo as orientacións do anexo VI.

Estes documentos, memoria e proposta didáctica, enviaranse ao correo electrónico formaes@edu.xunta.gal antes do 14 de febreiro de 2020 e a equivalencia en horas de formación desta fase será en función da avaliación da calidade técnica e didáctica destes materiais.

2. Modalidade 2: curso no estranxeiro. Itinerario formativo en dúas fases.

a) Fase de formación (50 horas): curso de formación de dúas semanas de duración nun país estranxeiro (Reino Unido ou Irlanda, Francia, Portugal ou Alemaña), que se desenvolverán no primeiro trimestre do curso 2019/20.

O profesorado que participe neste curso será substituído nos centros educativos durante as dúas semanas de duración do curso.

b) Fase de elaboración de materiais (ata 25 horas): elaboración de materiais para a sociedade da información na lingua obxecto de estudo segundo as orientacións do anexo VII.

Este documento enviarase ao correo electrónico formaes@edu.xunta.gal antes do 14 de febreiro de 2020 e a equivalencia en horas de formación desta fase será en función da avaliación da calidade técnica e didáctica destes materiais.

3. Modalidade 3: curso en Galicia. Itinerario formativo en dúas fases.

a) Fase de formación (50 horas): curso de formación en inglés, dunha semana de duración en Galicia en réxime de internado, que se desenvolverá durante o mes de xullo de 2019.

b) Fase de elaboración de materiais (ata 25 horas): elaboración de materiais para a sociedade da información na lingua inglesa segundo as orientacións do anexo VII.

Este documento enviarase ao correo electrónico formaes@edu.xunta.gal antes do 14 de febreiro de 2020 e a equivalencia en horas de formación desta fase será en función da avaliación da calidade técnica e didáctica destes materiais.

4. Será necesario que a persoa participante acade unha avaliación positiva en cada unha das fases do itinerario formativo para poder realizar a fase seguinte e, de ser o caso, para obter a certificación.

Artigo 3. Certificación

A Consellería expedirá as seguintes certificacións, segundo as modalidades:

1. Modalidade 1: rematadas as tres fases, a Consellería emitirá tres certificados de formación do profesorado ás persoas participantes no programa: un certificado de 25 horas pola fase A, un certificado de 100 horas pola fase B e un certificado de ata 25 horas pola fase C. En ningún caso se certificará a actividade de maneira parcial nin de xeito anticipado. Só recibirá a certificación de todas as partes o profesorado que remate todo o itinerario formativo, despois da entrega dos materiais elaborados na última fase, sempre e cando obteña unha avaliación positiva nas tres fases.

2. Modalidade 2 e 3: rematadas as dúas fases, a Consellería emitirá dous certificados de formación do profesorado ás persoas participantes no programa: un certificado de 50 horas pola fase de formación e un certificado de ata 25 horas pola fase de elaboración de materiais. En ningún caso se certificará a actividade de maneira parcial nin de xeito anticipado. Só recibirá a certificación de todas as partes o profesorado que remate todo o itinerario formativo, despois da entrega dos materiais elaborados na última fase, sempre e cando obteña unha avaliación positiva nas dúas fases.

Artigo 4. Proba de acreditación do nivel lingüístico

1. As persoas participantes en cada unha das modalidades deberán realizar unha proba ao finalizar a actividade da fase B no caso da modalidade 1 e da fase de formación no caso das modalidades 2 e 3, pola que se poida acreditar, como mínimo, un nivel superior do MCERL ao acreditado no momento de presentación da solicitude de participación na presente convocatoria. No caso de que a través desta proba se acredite un nivel lingüístico superior ao que se tiña acreditado no momento de presentación da solicitude, procederase á actualización de oficio desta circunstancia no expediente de datos persoais da persoa participante. A non realización da dita proba por causa non xustificada e acreditada ante o presidente da comisión será causa de exclusión nas tres próximas convocatorias de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE).

2. Para os efectos desta convocatoria enténdese que os/as catedráticos/as e profesores/as de ensino secundario e os/as catedráticos/as e profesores/as das escolas oficiais de idiomas que teñan a especialidade nunha lingua estranxeira, teñen acreditado o nivel C2 na lingua estranxeira en que teñan a especialidade, e os/as mestres/as que teñan a especialidade nunha lingua estranxeira teñen acreditado o nivel B2 nesa lingua.

3. O profesorado participante nesta convocatoria que teña acreditado un nivel C2 do MCERL na lingua obxecto de estudo, non deberá realizar a proba descrita anteriormente.

4. O nivel lingüístico alegado para a participación na presente convocatoria deberá ser, en todo caso, o nivel máximo que a persoa solicitante teña acreditado no momento de presentación da solicitude. O incumprimento do establecido neste parágrafo poderá dar lugar, de acordo co previsto no artigo 74 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, á incursión en responsabilidades disciplinarias de acordo co vixente Regulamento do réxime disciplinario do persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Actividades formativas, profesorado destinatario e requisitos

1. As persoas solicitantes deben ser funcionarios/as de carreira ou funcionarios/as en prácticas dos corpos docentes detallados neste artigo que estean a impartir docencia en centros educativos públicos de ensinanzas non universitarias. No caso dos funcionarios/as en prácticas, poderán participar nas actividades formativas sempre e cando estas se desenvolvan fóra do período efectivo de prácticas.

Cada docente realizará unha única solicitude con elección por orde de prioridade das actividades formativas en que desexe participar e a adxudicación será a unha das actividades segundo a orde de prioridade marcada. No caso de que non se lle adxudique ningunha actividade, pasará a estar na listaxe de suplentes para todas as actividades solicitadas.

2. Na modalidade 1, de integración, poderá participar, segundo as actividades relacionadas no anexo IV, o seguinte profesorado:

a) Actividade 1. Integración para profesorado de inglés en infantil e primaria.

Profesorado especialista en inglés do corpo de mestres que estea a impartir a lingua estranxeira en educación infantil, educación primaria ou educación secundaria obrigatoria.

b) Actividade 2. Integración para profesorado de inglés de secundaria, formación profesional e EEOOII.

Profesorado especialista en inglés do corpo de profesores ou catedráticos de ensino secundario ou profesores ou catedráticos de EEOOII que estea a impartir inglés en educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou EEOOII.

c) Actividade 3. Integración inglés para profesorado CLIL de ESO e bacharelato.

Profesorado de materias non lingüísticas impartidas en inglés (en diante, CLIL en inglés) dos corpos de profesores ou catedráticos de ensino secundario, que estea a participar nos programas de centros plurilingües e/ou seccións bilingües, que imparta docencia en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL.

d) Actividade 4. Integración inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria.

Profesorado CLIL en inglés do corpo de mestres que estea a participar nos programas de centros plurilingües e/ou seccións bilingües, que imparta en infantil, primaria ou ESO e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL.

e) Actividade 5. Integración para profesorado de inglés en EEOOII.

Profesorado especialista en inglés dos corpos de profesores ou catedráticos de ensino secundario e profesores ou catedráticos de escolas oficias de idiomas que imparta inglés nas escolas oficias de idiomas ou nas súas seccións.

f) Actividade 6. Integración inglés para profesorado CLIL de FP e ensinanzas de réxime especial.

Profesorado CLIL en inglés que imparte docencia en formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, excepto nas EEOOII, que estea a participar nos programas de centros plurilingües e/ou seccións bilingües e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL.

g) Actividade 7. Integración en lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial.

Profesorado especialista en portugués e CLIL en portugués que imparta docencia en primaria, secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua portuguesa do MCERL.

h) Actividade 8. Integración para profesorado especialista de francés de primaria, secundaria, formación profesional e EEOOII.

Profesorado especialista de francés que imparta docencia en infantil, primaria, secundaria, formación profesional ou EEOOII.

i) Actividade 9. Integración francés para profesorado CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.

Profesorado CLIL en francés que imparte docencia en infantil, primaria, secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B1 ou superior en francés do MCERL.

3. Na modalidade 2, de curso no estranxeiro, poderá participar, segundo as actividades relacionadas no anexo IV, o seguinte profesorado:

a) Actividade 10. Inglés para profesorado especialista de primaria.

Profesorado especialista en inglés do corpo de mestres que estea a impartir a lingua inglesa en educación infantil, educación primaria ou educación secundaria obrigatoria.

b) Actividade 11. Inglés para profesorado especialista de secundaria, formación profesional e EEOOII.

Profesorado especialista en inglés do corpo de profesores ou catedráticos de ensino secundario e profesores ou catedráticos de EEOOII que estea a impartir inglés en educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou EEOOII.

c) Actividade 12. Inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria.

Profesorado CLIL en inglés do corpo de mestres que imparta en infantil, primaria ou ESO que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL.

d) Actividade 13. Inglés para profesorado CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.

Profesorado CLIL en inglés dos corpos de profesores ou catedráticos de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional ou ensinanzas de réxime especial que imparte docencia en secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, excepto en EEOOII e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL.

e) Actividade 14. Francés para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.

Profesorado especialista en francés e CLIL en francés que imparte docencia en primaria, secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua francesa do MCERL.

f) Actividade 15. Lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.

Profesorado especialista en portugués e CLIL en portugués que imparta docencia en primaria, secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua portuguesa do MCERL.

g) Actividade 16. Lingua alemá para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.

Profesorado especialista de alemán e CLIL en alemán que imparta docencia en primaria, secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua alemá do MCERL.

4. Na modalidade 3, de curso en Galicia, poderá participar, segundo a actividade relacionada no anexo IV, o seguinte profesorado:

a) Actividade 17. Lingua inglesa en Galicia para profesorado CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.

Profesorado especialista de inglés e CLIL en inglés que imparta docencia en primaria, secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B1 ou superior en inglés do MCERL.

5. Tamén poderán optar ás prazas que se ofertan para profesorado CLIL (actividades 3, 4, 6, 7, 9, 12, 13, 14, 15, 16 e 17) o profesorado con destino definitivo no centro docente, que teña previsto participar nos programas de seccións bilingües ou centros plurilingües na lingua obxecto de estudo a partir do curso 2019/20 (futuro CLIL na lingua obxecto de estudo), presentando:

a) Un compromiso individual e un compromiso do seu centro educativo, de participación nalgún dos ditos programas durante o curso 2019/20, mediante a certificación de aprobación do consello escolar, unha vez informado o claustro.

b) A acreditación da competencia lingüística B2 ou superior na lingua obxecto de estudo do MCERL.

6. O profesorado especialista coordinador de centros plurilingües ou seccións bilingües e profesorado CLIL participante en calquera das actividades deberá asinar o anexo V, e comprometerse a promover a creación ou o mantemento do programa de centros plurilingües ou seccións bilingües no seu centro de destino ou a impartir a súa materia na lingua correspondente.

Artigo 6. Criterios de selección

1. Para a adxudicación das prazas ofertadas nas diferentes actividades formativas, terá preferencia o profesorado que cumpra as seguintes condicións de acordo co establecido a continuación:

1. Para as actividades 1, 2, 8, 10 e 11:

1º. Non ter participado no PIALE 2018.

2º. Impartir a lingua obxecto de estudo.

3º. Ser coordinador/a de centro plurilingüe e sección bilingüe na lingua obxecto de estudo.

4º. Ser coordinador/a de centro plurilingüe na lingua obxecto de estudo.

5º. Ser coordinador/a de sección bilingüe na lingua obxecto de estudo.

6º. Ser profesor/a CLIL na lingua obxecto de estudo.

7º. Ter maior puntuación no baremo.

2. Para as actividades 3, 4, 6, 12 e 13:

1º. Non ter participado no PIALE 2018.

2º. Non ser especialista na lingua obxecto de estudo.

3º. Ser profesor/a CLIL na lingua obxecto de estudo.

4º. Impartir a lingua obxecto de estudo.

5º. Ser coordinador/a de centro plurilingüe e sección bilingüe na lingua obxecto de estudo.

6º. Ser coordinador/a de centro plurilingüe na lingua obxecto de estudo.

7º. Ser coordinador/a de sección bilingüe na lingua obxecto de estudo.

8º. Maior puntuación do baremo.

3. Para as actividades 7, 14, 15, 16 e 17:

1º. Non ter participado no PIALE 2018.

2º. Impartir a lingua obxecto de estudo ou profesor/a CLIL na lingua obxecto de estudo.

3º. Ter B2 ou superior do MCERL na lingua obxecto de estudo.

4º. Ser coordinador/a de centro plurilingüe e sección bilingüe na lingua obxecto de estudo.

5º. Ser coordinador/a de centro plurilingüe na lingua obxecto de estudo.

6º. Ser coordinador/a de sección bilingüe na lingua obxecto de estudo.

7º. Maior puntuación do baremo.

4. Para a actividade 5:

1º. Non ter participado no PIALE 2018.

2º. Pertencer ao corpo de profesores ou catedráticos de escolas oficiais de idiomas.

3º. Pertencer ao corpo de profesores ou catedráticos de ensino secundario.

4º. Maior puntuación do baremo.

5. Para a actividade 9:

1º. Non ter participado no PIALE 2018.

2º. Non ser especialista na lingua obxecto de estudo.

3º. Ser profesor/a CLIL na lingua obxecto de estudo.

4º. Ter B2 ou superior do MCERL na lingua obxecto de estudo.

5º. Impartir a lingua obxecto de estudo.

6º. Ser coordinador/a de centro plurilingüe e sección bilingüe na lingua obxecto de estudo.

7º. Ser coordinador/a de centro plurilingüe na lingua obxecto de estudo.

8º. Ser coordinador/a de sección bilingüe na lingua obxecto de estudo.

9º. Maior puntuación do baremo.

Artigo 7. Incompatibilidades

A adxudicación con carácter definitivo dunha das actividades é incompatible coa concesión de licenzas por formación para o curso 2019/20 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Polo tanto, as persoas que teñan unha concesión definitiva de licenzas por formación para o curso 2019/20 quedarán excluídas do proceso de selección de PIALE.

Artigo 8. Organización das actividades

1. A organización das actividades correspóndelle á Consellería, que poderá concertar os servizos necesarios para o seu desenvolvemento.

2. O financiamento dos gastos descritos realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 10.20.423B.640.2, dos orzamentos da Consellería para o ano 2019.

3. O importe total do programa ascende a 1.143.029,00 euros.

Artigo 9. Solicitude de participación e prazo de presentación

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED305F dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación de solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

2. O prazo para a presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

3. O modelo de solicitude (anexo I) inclúe unha declaración responsable pola que a persoa solicitante declara que o nivel de coñecemento de linguas estranxeiras do MCERL alegado na solicitude é o nivel máximo que ten acreditado na data de presentación da solicitude, de acordo co establecido na Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería (DOG do 26.4.2011) modificada pola Orde do 21 de xuño de 2016 (DOG do 7.7.2016).

4. Antes da realización da solicitude na sede electrónica, a persoa interesada deberá gravar na aplicación informática do programa https://www.edu.xunta.es/piale/ os datos específicos das actividades formativas en que lle interese participar. Esta aplicación creará un código de solicitude necesario para cubrir o formulario na sede electrónica e xerará o arquivo electrónico correspondente.

Artigo 10. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Arquivo electrónico xerado pola aplicación informática https://www.edu.xunta.es/piale/ cos datos relativos á solicitude.

b) Anexo III, modelo de folla de autobaremación cuberta nos puntos que correspondan, en que se relacionen os méritos alegados na mesma orde que aparecen expostos no anexo II.

As persoas que solicitasen no procedemento establecido pola Orde do 30 de maio de 2018 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2018, e non resultasen excluídas, de estar conformes co baremo precisado nela para algún ou todos os puntos 2.1, 2.2, 2.3, 2.4 e 2.5, e non querer achegar novos méritos, poderán aceptar esta puntuación. Neste caso, deberán marcar no anexo III os cadros dos apartados correspondentes para os cales se queira aceptar o baremo.

c) Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que aleguen, que non estean recollidos no seu expediente de datos persoais. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no baremo que se inclúe no anexo II.

Non serán tidos en conta nin valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente, nin os que se aleguen fóra do prazo a que se refire o artigo 9 desta convocatoria.

d) Certificado, expedido polo secretario ou secretaria do centro, co visto e prace da persoa directora, en que conste a área, materia ou módulo que imparte a persoa solicitante durante o curso académico 2018/19. No caso de que a persoa solicitante sexa coordinadora de centros plurilingües ou do programa de seccións bilingües ou profesorado CLIL, tamén deberá constar esta circunstancia no certificado.

e) Acreditación do nivel lingüístico segundo o MCERL, na/s lingua/s correspondente/s da/s actividade/es solicitada/s, agás para aquelas persoas que xa teñan recollida esta información no seu expediente de datos persoais.

f) Só para profesorado coordinador de centros plurilingües e bilingües ou profesorado CLIL.

– Anexo V debidamente cuberto.

g) Só para o futuro profesorado CLIL:

1º. Un compromiso individual (anexo V) e un compromiso do seu centro educativo de participación nalgún dos devanditos programas durante o próximo curso, mediante a certificación de aprobación do consello escolar, unha vez informado o claustro.

2º. A acreditación da competencia lingüística B2 ou superior na lingua estranxeira obxecto de estudo.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.

Artigo 12. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas.

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Títulos oficiais universitarios.

d) Títulos oficiais non universitarios.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no formulario de inicio e achegar os correspondentes documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 13. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que conste na solicitude.

Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Datos de carácter persoal

1. Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería Educación, Universidade e Formación Profesional, Secretaría Xeral Técnica, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta do cidadán e do seu expediente persoal.

2. O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha de procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, e esta circunstancia reflectirase no devandito formulario.

3. Os datos serán comunicados ás entidades encargadas do tratamento coa finalidade da xestión das actividades formativas obxecto desta convocatoria.

4. Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como son os diarios oficiais, páxinas web e os taboleiros de anuncios.

5. As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais. Nese enderezo web poderase tamén contactar co delegado de protección de datos e obter máis información. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas e esta circunstancia reflectirase no devandito formulario.

6. No caso de existiren diferentes referencias normativas en materia de protección de datos persoais neste procedemento, prevalecerán en todo caso aquelas relativas á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e ao Regulamento (UE) 2016/679 xeral de protección de datos.

Artigo 15. Procedemento para a adxudicación das prazas.

1. A selección das persoas candidatas realizaraa unha comisión integrada polos seguintes membros:

a) Presidente/a: a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa ou persoa en quen delegue.

b) Vogais: ata un máximo de catro vogais, con categoría de subdirector ou subdirectora xeral, xefe ou xefa de servizo ou membros da Inspección Educativa.

c) Unha persoa funcionaria da Consellería, que actuará como secretario/a, con voz e sen voto.

d) Os sindicatos integrantes da mesa sectorial de persoal docente non universitario poderán nomear un ou unha representante para asistir ás sesións da comisión.

A comisión poderá solicitar a incorporación de persoas asesoras especialistas, que se limitarán a prestar a súa colaboración.

A comisión poderá dispoñer a constitución dunha subcomisión técnica especializada só para os efectos de colaborar na valoración dos méritos previstos nos puntos 1 e 2 do baremo do anexo II. Ás reunións desta subcomisión poderán asistir representantes das organizacións sindicais con representación na mesa sectorial de persoal docente.

Esta comisión rexerase polo previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

2. A comisión seleccionadora realizará unha preselección segundo os criterios de selección establecidos no artigo 6. En caso de empate entre as persoas solicitantes, este dirimirase atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación no punto 1 do baremo.

b) Maior puntuación no punto 2.2 do baremo.

c) Maior antigüidade no corpo.

d) De persistir o empate, aplicarase como criterio o resultado do sorteo previsto no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Finalizada a preselección, a comisión fará pública a resolución provisional, que se difundirá no portal educativo da Consellería na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/piale .

Ao día seguinte desta publicación abrirase un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias á concesión das actividades perante a persoa que exerza a presidencia da comisión. A renuncia á adxudicación dunha actividade considérase renuncia a todas as actividades que o interesado marcase na súa solicitude.

Transcorrido este prazo, unha vez estudadas e, de ser o caso, atendidas as mencionadas reclamacións e renuncias, a comisión seleccionadora elevaralle a proposta definitiva á persoa titular da Consellería, que resolverá a relación final das persoas seleccionadas e das persoas suplentes ordenadas segundo os criterios de selección.

A resolución definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e exporase no portal educativo da Consellería na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/piale .

No caso de renuncias das persoas seleccionadas, as prazas vacantes seranlles ofertadas ás persoas suplentes por chamamento directo, de acordo coa relación publicada.

4. As solicitudes consideraranse desestimadas de non quedar resolta a convocatoria no prazo de cinco meses, desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

5. Contra a resolución definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

6. No caso de non cubrirse o número de prazas nalgunha das actividades, por proposta motivada pola comisión de selección, a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá acordar a redistribución das prazas entre outras actividades.

Artigo 16. Renuncias, abandono e retirada de documentación

1. Unha vez resolta esta convocatoria, soamente se admitirá o abandono ou a renuncia á actividade concedida en casos de excepcional gravidade debidamente xustificada e libremente apreciada pola persoa que exerza a presidencia da comisión de selección.

2. Nos seguintes casos, a persoa interesada non poderá participar nas tres próximas convocatorias de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE):

a) Renuncia ou abandono dalgunha das fases do itinerario formativo ou non presentarse á proba de acreditación prevista no artigo 3, sen causa xustificada e aceptada pola persoa que exerza a presidencia da comisión de selección.

b) Avaliación negativa, de acordo co establecido no artigo 2, da fase C da modalidade 1 ou da fase de elaboración de materiais das modalidades 2 e 3.

3. Transcorridos tres meses desde a data de publicación da resolución definitiva no Diario Oficial de Galicia, as persoas interesadas, ou os seus representantes legais, disporán dun prazo de seis meses para poder retirar a documentación ante a persoa que preside a comisión. Transcorrido o dito prazo, entenderase que renuncian á súa devolución.

Artigo 17. Comunicación

Os requirimentos relativos á emenda de documentación realizaranse, de ser o caso, mediante o correo electrónico corporativo formaes@edu.xunta.gal.

Artigo 18. Condicións económicas

Para as actividades realizadas fóra de Galicia e para a actividade da modalidade 3, a Consellería encargarase, a través das empresas adxudicatarias, do desprazamento, a docencia, actividades culturais, manutención e aloxamento. A Consellería determinará o medio de desprazamento, así como o tipo de aloxamento e manutención, que será comunicado ao profesorado seleccionado unha vez adxudicadas as empresas.

Artigo 19. Retribucións

Durante o tempo de duración das actividades de formación o profesorado seleccionado recibirá os emolumentos correspondentes ás súas retribucións básicas e complementarias.

Artigo 20. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

missing image file
missing image file

ANEXO II

Baremo

Méritos

Puntos por curso ou actividade

Total puntos máximo

Documentos

1. Méritos docentes.

– Por cada ano de servizo como funcionario ou funcionaria.

0,5 puntos por ano completo

3 puntos

Copia certificacións acreditativas

2. Outros méritos

2.1. Docencia en actividades de formación do profesorado, organizadas, homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas.

0,1 puntos por cada 3 horas de formación

1,5 puntos

Copia certificacións acreditativas

2.2. Asistencia e/ou coordinación de actividades de formación do profesorado relacionadas con linguas estranxeiras, organizadas, homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas.

0,05 puntos por cada 10 horas de formación

3 puntos

Copia certificacións acreditativas

2.3. Asistencia e/ou coordinación de actividades de formación do profesorado, organizadas, homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas.

0,1 puntos por cada 10 horas de formación

1,5 puntos

Copia certificacións acreditativas

2.4. Participación en proxectos de anticipación da primeira lingua estranxeira no segundo ciclo da educación infantil e no primeiro ciclo da educación primaria, e participación no plan experimental de potenciación da aprendizaxe de linguas estranxeiras nos institutos de educación secundaria establecidos pola Consellería. Participación no Programa de seccións europeas, seccións bilingües ou nos programas de plurilingüismo da Consellería. Coordinador/a do programa de auxiliares de conversa.

0,5 puntos por ano

4 puntos

Copia certificacións acreditativas

2.5. Participación en intercambios ou estadías formativas, con alumnos, no estranxeiro. Participación no programa de Inmersión Lingüística con alumnado de 6º de educación primaria e/ou 2º ESO.

0,25 puntos por actividade

2 puntos

Copia certificacións acreditativas

2.6. Non ter participado con anterioridade na convocatoria de estadías no estranxeiro ou na do programa PALE ou PIALE.

10 puntos

ANEXO III

Modelo de folla de autobaremación

(Relacionar e numerar na mesma orde que aparece no anexo II. As copias de certificacións acreditativas presentaranse na mesma orde).

Para as persoas que solicitaron e non resultaron excluídas no PIALE 2018:

Acepto o baremo aplicado no PIALE 2018 para (marcar onde proceda):

 Apartado 2.1

 Apartado 2.2

 Apartado 2.3

 Apartado 2.4

 Apartado 2.5

Méritos

Puntos por curso ou actividade

Total puntos máximo

Documentos

1.

2.1.

2.2.

2.3.

2.4.

2.5.

2.6.

ANEXO IV

Relación de actividades

(*) O profesorado que teña acreditado un nivel C2 na lingua obxecto de estudo do Marco común europeo de referencia para as linguas non realizará a fase A (curso de formación idioma) da modalidade 1.

Actividade

Prazas

Fases

Duración

Lugar

Temporalización

Modalidade 1

1. Integración para profesorado de inglés en infantil e primaria

15

A) Curso formación idioma (*)

7 días

Galicia

1º trimestre curso 2019/20

B) Inmersión

4 semanas

Canadá

C) Difusión: memoria e proposta didáctica

Antes do 14 de febreiro de 2020

2. Integración para profesorado de inglés de secundaria, formación profesional e EEOOII

10

A) Curso formación idioma

Non realizan

B) Inmersión

4 semanas

Canadá

1º trimestre curso 2019/20

C) Difusión: memoria e proposta didáctica

Antes do 14 de febreiro de 2020

3. Integración inglés para profesorado CLIL de ESO e bacharelato

25

A) Curso formación idioma (*)

7 días

Galicia

1º trimestre curso 2019/20

B) Inmersión

4 semanas

Canadá

C) Difusión: memoria e proposta didáctica

Antes do 14 de febreiro de 2020

4. Integración inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria

20

A) Curso formación idioma (*)

7 días

Galicia

1º trimestre curso 2019/20

B) Inmersión

4 semanas

Canadá

C) Difusión: memoria e proposta didáctica

Antes do 14 de febreiro de 2020

5. Integración para profesorado de inglés en EEOOII

5

A) Curso formación idioma

Non realizan

B) Inmersión

4 semanas

Canadá

1º trimestre curso 2019/20

C) Difusión: memoria e proposta didáctica

Antes do 14 de febreiro de 2020

6. Integración inglés para profesorado CLIL de FP e ensinanzas de réxime especial

5

A) Curso formación idioma (*)

7 días

Galicia

1º trimestre curso 2019/20

B) Inmersión

4 semanas

Canadá

C) Difusión: memoria e proposta didáctica

Antes do 14 de febreiro de 2020

7. Integración en lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

20

A) Curso formación idioma (*)

7 días

Galicia

1º trimestre curso 2019/20

B) Inmersión

4 semanas

Portugal

C) Difusión: memoria e proposta didáctica

Antes do 14 de febreiro de 2020

8. Integración para profesorado especialista de francés de primaria, secundaria, formación profesional e EEOOII

10

A) Curso formación idioma (*)

7 días

Galicia

1º trimestre curso 2019/20

B) Inmersión

4 semanas

Francia

C) Difusión: memoria a proposta didáctica

Antes do 14 de febreiro de 2020

9. Integración francés para profesorado CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

10

A) Curso formación idioma (*)

7 días

Galicia

1º trimestre curso 2019/20

B) Inmersión

4 semanas

Francia

C) Difusión: memoria a proposta didáctica

Antes do 14 de febreiro de 2020

Modalidade 2

10. Inglés para profesorado especialista de primaria

20

Fase formación

2 semanas

Reino Unido/Irlanda

1º trimestre curso 2019/20

Fase de elaboración de materiais

Antes do 14 de febreiro de 2020

11. Inglés para profesorado especialista de secundaria, formación profesional e EEOOII

20

Fase formación

2 semanas

Reino Unido/Irlanda

1º trimestre curso 2019/20

Fase de elaboración de materiais

Antes do 14 de febreiro de 2020

12. Inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria

25

Fase formación

2 semanas

Reino Unido/Irlanda

1º trimestre curso 2019/20

Fase de elaboración de materiais

Antes do 14 de febreiro de 2020

13. Inglés para profesorado CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

15

Fase formación

2 semanas

Reino Unido/Irlanda

1º trimestre curso 2019/20

Fase de elaboración de materiais

Antes do 14 de febreiro de 2020

14. Francés para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

15

Fase formación

2 semanas

Francia

1º trimestre curso 2019/20

Fase de elaboración de materiais

Antes do 14 de febreiro de 2020

15. Lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

15

Fase formación

2 semanas

Portugal

1º trimestre curso 2019/20

Fase de elaboración de materiais

Antes do 14 de febreiro de 2020

16. Lingua alemá para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

5

Fase formación

2 semanas

Alemaña

1º trimestre curso 2019/20

Fase de elaboración de materiais

Antes do 14 de febreiro de 2020

Modalidade 3

17. Lingua inglesa en Galicia para profesorado CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

100

Fase formación

7 días

Galicia

Xullo 2019

Fase de elaboración de materiais

Antes do 14 de febreiro de 2020

missing image file

ANEXO VI

Indicacións para a elaboración da memoria de difusión e da proposta didáctica

(Modalidade 1)

Memoria da difusión

Estrutura

1. Obxectivos e contidos da difusión.

Cada persoa debe indicar cales foron os obxectivos e contidos da difusión da experiencia. Os contidos deberían recoller cando menos:

• Aspectos destacables e transferibles da organización do sistema educativo canadense/francés/portugués.

• Aspectos destacables e transferibles da organización dos centros canadenses/franceses/portugueses.

• Aspectos metodolóxicos transferibles e destacables.

• Outros.

2. Lugares ou formatos da difusión.

Cando menos, debe recollerse o centro educativo de destino de cada persoa participante. Deberá indicarse se se trata dunha información que se facilitou de xeito colectivo para o profesorado ou individualizada segundo as súas experiencias e intereses, se se facilitou algunha información ao alumnado, aos pais e nais... As modalidades de organización e transferencia desta información deben indicarse no seguinte apartado (o apartado 3).

Do mesmo xeito, débese indicar se se fixo algunha difusión da experiencia a través dos medios de comunicación local para dar a coñecer a experiencia do profesor/a e, por conseguinte, do centro, neste tipo de actividade.

Debe figurar, igualmente, calquera outro mecanismo de difusión que se empregase, noutros centros educativos do concello/comarca/provincia, a través dos centros de formación do profesorado ou calquera outro que as persoas participantes considerasen adecuado para esta difusión.

3. Procedementos da difusión.

Deben indicarse os procedementos concretos con que se difundiu a actividade: charlas/ presentacións (tipo, duración, espazo de celebración, destinatarios, con que apoios visuais ou en papel...), información na páxina web do centro (características específicas), medios de comunicación (tipo de información, en que medios...), noutros centros ou no centro de formación do profesorado.

4. Programación e temporalización da difusión.

Deben figurar as datas e lugares (de seren espazos físicos) en que se desenvolveron as actividades de difusión.

5. Repercusión da difusión.

Unha valoración, cuantificable na medida do posible, da repercusión desta difusión (número do alumnado do centro, número de profesorado... que foi destinatario da difusión).

Proposta didáctica (modalidade 1)

A memoria da difusión debe conter ademais unha proposta didáctica na lingua obxecto de estudo. Esta proposta debe incluír aspectos metodolóxicos adquiridos na actividade de integración.

Os apartados desta proposta deberán ser:

1. Título

Título descritivo

2. Autor/a

Autor/a da proposta didáctica

3. Correo electrónico do autor/a

Correo corporativo dos/as autores/as

4. Xustificación

Descrición breve da proposta

5. Nivel a que vai dirixida a proposta

Sinalar o nivel/niveis a que vai dirixida a proposta

6. Áreas/materias/módulos que se traballan

a. Lingua estranxeira: inglés, francés ou portugués.
b. Outras áreas/materias/módulos

7. Temporalización

Nº de sesións

8. Recursos TIC utilizados

Listaxe de recursos TIC empregados, de ser o caso.

9. Competencias clave que se traballan

Sinalar e desenvolver as competencias clave.

10. Obxectivos

a. Lingüísticos.

b. Non lingüísticos da área/materia/módulo.

11. Contidos

a. Lingüísticos.

b. Non lingüísticos da área/materia/módulo.

12. Elementos transversais

Valores que se traballan na proposta.

13. Secuenciación.

Indicar a distribución por sesións.

14. Atención á diversidade

Atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

15. Criterios e instrumentos de avaliación

a. Lingüísticos

b. Non lingüísticos.

(Deben concretarse criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe avaliables).

ANEXO VII

Proposta TIC (modalidades 2 e 3)

As exixencias mínimas segundo a ferramenta TIC escollida son as seguintes:

H-AUTOR

Deberá realizarse 1 proxecto en que se inclúan 6 contidos estáticos e 8 exercicios diferentes.

No caso de facer a tarefa en grupo deberá realizarse 1 proxecto con 4 contidos estáticos por persoa e 5 exercicios por persoa (neste caso poderá repetirse algún tipo de exercicio).

EDILIM

Deberá ter un mínimo de 10 páxinas con 5 tipos de páxina diferentes (se se realiza a tarefa de xeito individual).

No caso de facer a tarefa en grupo deberá ter un mínimo de 8 páxinas por persoa.

Non se contabiliza a portada, que será obrigatoria.

EXELEARNING

Deberá ter un mínimo de 6 páxinas con 8 idevices diferentes (se se realiza a tarefa de xeito individual).

No caso de facer a tarefa en grupo deberá ter un mínimo de 4 páxinas por persoa.

ARDORA

Deberá ser un paquete de actividades cun mínimo de 10 actividades diferentes (se se realiza a tarefa de xeito individual).

No caso de facer a tarefa en grupo deberá ter un mínimo de 8 actividades por persoa.

MOODLE

Deberá ser na versión Moodle 2.6. Pode solicitarse un espazo na aula virtual do CAFI. Deberá conter páxinas de elaboración propia e non só ligazóns a webs ou a arquivos alleos. Tamén deberá conter tarefas.

Valorarase incluír contidos en formato libro ou en Exelearning subidos como paquete IMS.

CONSTRUCTOR, CUADERNIA...

De escoller calquera outra ferramenta indicaranse no seu momento os mínimos exixidos.

Calquera outra ferramenta que se utilice diferente das expostas deberá ser aprobada previamente pola comisión de selección