Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2019 Páx. 24407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de abril de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 134/75 e dezaseis máis).

Na sesión celebrada polo Xurado o día 27 de marzo de 2019 figuran os seguintes acordos:

Monte de San Pedro (expediente 134/75), pertencente aos veciños da parroquia do Incio-San Pedro, no termo municipal do Incio, e monte de Biduedo (expediente 6/75), pertencente aos veciños do lugar de Biduedo, da parroquia de Óutara no termo municipal da Pobra do Brollón. O 19 de setembro de 2018 ten entrada escrito de José Manuel Jato Rodríguez, como presidente da comunidade de San Pedro, en que achega un acordo de deslindamento por avinza entre estas comunidades en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz da Pobra do Brollón; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do dito deslindamento ao Servizo de Montes, o 4 de febreiro de 2019 emite un informe (núm. 75/18) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte de San Pedro queda cunha superficie de 652 hectáreas, e o monte de Biduedo, cunha superficie de 98 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de San Pedro (expediente 134/75), pertencente aos veciños da parroquia do Incio-San Pedro, no termo municipal do Incio, e monte de Ferreirúa (expediente 3/75), pertencente aos veciños da parroquia de Ferreirúa no termo municipal da Pobra do Brollón. O 21 de setembro de 2018 ten entrada escrito de José Luis Parada Valcárcel, como presidente da comunidade de Ferreirúa, en que achega un acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz do Incio; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no Xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 6 de febreiro de 2019 emite un informe (núm. 77/18) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte de San Pedro queda cunha superficie de 660 hectáreas (tendo en conta a avinza con Biduedo), e o monte de Ferreirúa, cunha superficie de 591 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Pena, Cruz da Aguieira e San Marcos (expediente 66/78), pertencente aos veciños da parroquia de Goián, no termo municipal de Sarria, e monte Verducedo, Costa de Páramo e Costoiras (expediente 10/80), pertencente aos veciños da parroquia de Saa no termo municipal do Páramo. O 3 de decembro de 2018 ten entrada escrito de José Carlos López Pérez e María Isabel López Silvosa, como presidentes das comunidades respectivas, en que achega un acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz do Páramo; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no Xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do dito deslindamento ao Servizo de Montes, o 15 de marzo de 2019 emite un informe (núm. 74/18) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte Pena, Cruz da Aguieira e San Marcos queda cunha superficie de 141 hectáreas, e o monte Verducedo, Costa de Páramo e Costoiras, cunha superficie de 268 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Vilaouruz (expediente 12/82), pertencente aos veciños da parroquia de Vilaouruz, monte de Foxas (expediente 13/82), pertencente aos veciños do lugar de Foxas da parroquia da Pontenova e monte de Santo Estevo (expediente 11/82), pertencente aos veciños dos lugares de Santo Estevo, O Acevro e Insua da parroquia de Rececende, todos no termo municipal da Pontenova. O 25 de outubro de 2018 ten entrada escrito de Manuel Gutiérrez Domínguez, como presidente da comunidade de Vilaouruz, en que achega un acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades en canto ás liñas divisorias que separan os montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz da Pontenova; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no Xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 4 de decembro de 2018 emite un informe (núm. 85/18) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte de Vilaouruz queda cunha superficie de 51 hectáreas, o monte de Foxas, cunha superficie de 21 hectáreas e o monte de Santo Estevo, cunha superficie de 86 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Picato (expediente 73/77), pertencente aos veciños dos lugares de San Xusto e Santa Marta da parroquia de Pousada, e monte Picato e Serra do Val (expediente 66/77), pertencente aos veciños da parroquia de Lebruxo, ambos no termo municipal de Baralla. O 5 de marzo de 2018 (emendado o 2 de novembro de 2018) ten entrada escrito de Manuel Mourelos González, como presidente da comunidade de San Xusto e Santa Marta, en que achega un acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades en canto ás liñas divisorias que separan os montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz de Baralla; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no Xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 19 de novembro de 2018 emite un informe (núm. 26/18) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte Picato queda cunha superficie de 53 hectáreas e o monte Picato e Serra do Val, cunha superficie de 78 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Berbetouros (expediente 78/76), pertencente aos veciños da parroquia de Berbetouros (norte), e monte de Ferreira (expediente 85/76), pertencente aos veciños da parroquia de Ferreira, ambos no termo municipal de Palas de Rei. O 26 de novembro de 2018 (emendado o 19 de decembro de 2018) ten entrada escrito en representación da comunidade de Berbetouros, en que achega un acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades en canto ás liñas divisorias que separan os montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz de Palas de Rei; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no Xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do dito deslindamento ao Servizo de Montes, o 15 de febreiro de 2019 emite un informe (núm. 97/18) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte de Berbetouros queda cunha superficie de 115 hectáreas e o monte de Ferreira, cunha superficie de 184 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Narla (expediente 42/75), pertencente aos veciños da parroquia de Narla, e monte de Trasmonte (expediente 64/75), pertencente aos veciños da parroquia de Trasmonte, ambos no termo municipal de Friol. O 19 de novembro de 2018 (emendado o 20 de xaneiro de 2019) ten entrada escrito de Yolanda Arias Corredoira, como presidenta da comunidade de Narla, en que achega un acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades en canto ás liñas divisorias que separan os montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz de Friol; achega acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 15 de febreiro de 2019 emite un informe (núm. 90/18) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte de Narla queda cunha superficie de 451 hectáreas e o monte de Trasmonte, cunha superficie de 423 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Foxas, Pedrouzos e Grañedos (expediente 27/83), pertencente aos veciños da parroquia de Pías, e monte de Mazoi (expediente 7/85), pertencente aos veciños da parroquia de Mazoi, ambos no termo municipal de Lugo. O 14 de decembro de 2018 ten entrada escrito de Andrés Verdes González, como presidente da comunidade de Pías, en que achega un acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo; achega acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no Xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 25 de febreiro de 2019 emite un informe (núm. 105/18) no cal se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte Foxas, Pedrouzos e Grañedos queda cunha superficie de 52,72 hectáreas e o monte de Mazoi, cunha superficie de 17 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 29 de abril de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo