Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental de planta de xestión de residuos de construción e demolición en planta fixa en Carral (A Coruña), promovida por Transportes Vasa Norte, S.A. (expediente 2017-SC-I-00288).

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, de 11 de decembro) faise público que, por espazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos os documentos titulados:

– Estudo de impacto ambiental da autorización de xestor de valorización de residuos mediante planta fixa en Carral (A Coruña).

– Estudo de impacto e integración paisaxística de xestor de valorización de residuos mediante planta fixa en Carral (A Coruña).

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes, os documentos poderán consultarse en horario de atención ao público:

– Na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Residuos (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña).

– No Concello de Carral (rúa Paleo, 17, 15175 Carral, A Coruña).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Residuos.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Titular: Transportes Vasa Norte, S.A.

CIF: A15158942.

Domicilio social: rúa Gambrinus, 99, Polígono da Grela, 15008 A Coruña.

Localización da instalación: lugar Monte Xalo, rúa Gacela, s/n, 15185, Carral (A Coruña).

Actividade: valorización de residuos non perigosos.

O proceso consistirá na valorización de residuos da construción e demolición e componse das seguintes etapas:

• Recepción: depósito dos residuos en praia de descarga, verificación do estado e comprobación da presencia de impropios, incluso separación manual ou mecánica, se procede.

• Trituración: redución do tamaño do RCD mediante emprego de culler trituradora. Separación de fracción férrea mediante electroimán. Revisión do residuo para someter de novo ao proceso de trituración a aquela fracción de calibre superior ao requirido.

• Cribaxe e clasificación: o residuo, una vez triturado ata o calibre axeitado, será sometido a un proceso de clasificación mediante unha criba vibrante móbil, que, a través da instalación de distintas mallas, permitirá obter distinta granulometría.

• Almacenamento da fracción final: almacenamento, mediante pá cargadora, que retirará o material reciclado baixo a cinta e o trasladará a unha zona habilitada para realizar almacenamientos temporais, agardando a súa expedición ao punto de reutilización.