Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude da modificación da autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para unha nova actividade de xestión de residuos non perigosos nunha planta de produción de leite (expediente 2018-IPPC-M-136).

Para os efectos previstos nos artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro de 2013), e no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación de este anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará á disposición do público a documentación presentada por Tegestacín, S.L.U. para solicitar a modificación da autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para unha nova actividade de xestión de residuos non perigosos nunha planta de produción de leite en Outeiro de Rei, co fin de que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes.

A documentación poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Titular: Tegestacín, S.L.U.

NIF: B 50846807.

Domicilio social: Santa Mariña 9 bis, 27150, Outeiro de Rei (Lugo).

Localización da instalación: Santa Mariña, Outeiro de Rei (Lugo).

Actividade solicitada: actividade de xestión de residuos non perigosos na planta de produción de leite.

Epígrafe de actividade (modificación da autorización ambiental integrada): anexo I, 5.4. Categoría de proxecto (avaliación ambiental): anexo II, grupo 9.b).

Descrición da actividade: a actividade proposta de valorización de residuos non perigosos consiste na recolla e tratamento de augas residuais industriais ou lodos de consistencia líquida doutras procedencias na estación depuradora de augas residuais das instalacións. O obxectivo final é lograr un efluente final cunha baixa carga contaminante, apto para a súa vertedura, cumprindo os valores límite de emisión establecidos, e un lodo como residuo final de saída das instalacións. Ademais, producirase unha xeración de biogás como consecuencia do tratamento de lodos realizado nos dixestores anaerobios.

Verteduras:

– Augas pluviais zonas non contaminadas: vertedura directa ao medio.

– Augas de proceso (industria láctea e futura xestión de residuos), fecais e pluviais zonas contaminadas (zona de recepción e descarga): serán tratadas nunha estación depuradora de augas residuais industriais na propia planta antes da súa vertedura ao medio.