Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23662

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 40/2018).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 40/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel Becerra Blanco contra a empresa Confecciones Busto Lope, S.L., sobre despedimento, se ditou decreto con data do 15 de abril de 2019, cuxa parte dispositiva e do teor literal seguinte:

«Acordo:

a) Declarar a executada Confecciones Busto Lope, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 6.141,04 euros en concepto de principal (5.179,70 euros de indemnización máis 961,34 euros de salarios de tramitación), máis 614,10 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Inscribilo no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco de Santander, conta nº 5076 0000 64 0040 18. Se o depósito se fai mediante transferencia bancaria, deberase depositar na conta número 00493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0040 18”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un depósito por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Confeccions Busto Lope, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza