Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 2 de maio de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Fene (expediente IN407A 2019/65-1).

Expediente: IN407A 2019/65-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento da LMTA, DC CRN716A/ASN703-apoio número D24.

Concello: Fene.

Características técnicas:

– Actuación núm. 1: treito de liña eléctrica de media tensión aérea CRN716A (entre os apoios núms. D24 e D24/1) a 15 kV cunha lonxitude de 56 m, coa orixe no apoio núm. D24 proxectado da LMT CRN716A, no treito entre o CT Puntal (expediente 2016/944-1) e o CT Marqués de Figueroa, núm. 21 (expediente 2009/003-1), condutor tipo LA-110 mm2 e remate no apoio núm. D24/1 proxectado da LMT CRN716A, no treito entre o CT Puntal (expediente 2016/944-1) e o CT Marqués de Figueroa, núm. 21 (expediente 2009/003-1).

– Actuación núm. 2: treito de liña eléctrica de media tensión aérea ASN703 (entre os apoios núms. D24 e D24/1) a 15 kV, cunha lonxitude de 56 m, coa orixe no apoio núm. D24 proxectado da LMT ASN703, no treito entre a subestación de Astano (expediente 26.343) e o CT Conces (expediente 51.929), condutor tipo LA-110 mm2 e remate no apoio núm. D24/1 proxectado da LMT ASN703, no treito entre a subestación de Astano (expediente 26.343) e o CT Conces (expediente 51.929).

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

6. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 2 de maio de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e.: IN407A 2019/65-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento da LMTA, DC CRN716A/ASN703-apoio núm. D24.

Concello: Fene.

– Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados:

Número de predio: 1.

Paraxe: Telleiras.

Cultivo:

Propietaria/o:

– Ángeles Bañobre Landeira-representante: Eloy García Bañobre (titor legal).

– Pablo Ruiz Bañobre.

– Juan Ruiz Bañobre.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: D24.

• M2: 2.0.

Número de predio: 2.

Paraxe: Camiño Regueiro.

Cultivo:

Propietaria/o: descoñecida/o.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: D24/1.

• M2: 2.0.