Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2018/482-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: VR Fábrica Embutidos, Salazóns e Curados, S.L.

Domicilio social: rúa Currás, 22, Barreiro, 36214 Vigo.

Denominación: LMTS, CS parque empresarial Veigadaña.

Situación: Mos.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV, con condutor RHZ1, de 41 metros de lonxitude, coa orixe e final no tramo subterráneo da liña ATI734, entre o CT 36CVB6 e o CS 36CZK0, facendo entrada e saída no centro de seccionamento proxectado. Centro de seccionamento, con celas modulares baixo envolvente metálica, con illamento e corte en SF6, situado no parque empresarial Veigadaña, parcela b-20-C, Mos.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 3 de abril de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra