Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2019 Páx. 23287

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (DCT 623/2018-R).

DCT. Divorcio contencioso 623/2018-R

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Antonia Dolores Domínguez Sío

Procuradora: Soledad Pérez González

Avogada: María Ángela Varela Correa

Demandado: Luis Eduardo Suárez García

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto no artigo 497.2 da Lei de axuizamento civil, por este edicto se lle notifica ao demandado, Luis Eduardo Suárez García, a Sentenza ditada o 15 de abril de 2019, cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

«Sentenza nº 148

En Vigo, 15 de abril de 2019.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 623/2018, sobre disolución do matrimonio por divorcio, en que actúa como demandante Antonia Dolores Domínguez Sío, representada pola procuradora dos tribunais Soledad Pérez González e con asistencia letrada de María Ángela Varela Correa, contra Luis Eduardo Suárez García, declarado en situación procesual de rebeldía, con base no seguinte:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolvo:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Pérez González, en nome e representación de Antonia Dolores Domínguez Sío, contra Luis Eduardo Suárez García, declarado en situación de rebeldía, estimo esta e declaro disolto por divorcio o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

O uso da vivenda e o enxoval familiar atribúeselle á Sra. Domínguez Sío.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos».

Vigo, 22 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza