Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2019 Páx. 23317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2019/2-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a continuación se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Rafael Pena Fernández, colexiado nº 1903 Coeticor, en Ourense o día 17.1.2019, con visado núm. 209/19-CO do 18.1.2019.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A. (UFD).

Domicilio: A Batundeira, 2; 32960 Velle-Ourense.

Denominación: LMTS e CS lugar Seoane (O Carballiño).

Situación: concello do Carballiño.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) de 134 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe e fin no P.A.S. no apoio B12I315B//22 existente na liña eléctrica de UFD Distribución Electricidad, S.A. CNO804 CEA 4 e con entrada e saída no centro de seccionamento, 3L telecontrolado proxectado.

– Centro de seccionamento (3L) manobra exterior telecontrolado (CS)

– Orzamento: 62.239,49 euros

Esta xefatura territorial ten en conta os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro. O presente proxecto foi presentado por UFD para atender a solicitude de subministración realizada pola empresa Matadero Carballiño, S.L., en data 22.1.2019, RE nº 171 desta xefatura territorial (XT).

Segundo. A Resolución de data 19.11.2018 ditada por XT para resolver o conflito derivado da dita solicitude de conexión eléctrica que promoveu Matadero Carballiño, S.L., que foi tramitado no expediente nº IN635A 2018/77-3, na súa parte resolutiva indica o seguinte:

«Estimar a reclamación presentada por Matadero de Carballiño, S.L. contra Unión Fenosa Distribución, S.A. e ordenar que:

1. Unión Fenosa Distribución, S.A. ten que realizar todas as infraestruturas necesarias para dar subministración eléctrica, de 250 kW en media tensión, ao reclamante para a súa parcela, garantindo os niveis de calidade e seguridade, debendo unicamente aboar o solicitante os dereitos de extensión á distribuidora que serán os que resulten da aplicación do anexo V, en relación ao artigo 9, da Orde ITC/3519/2009, do 28 de decembro, pola que se revisan as peaxes de acceso a partir do 1 de xaneiro de 2010 e as tarifas e primas das instalacións de réxime especial. A nova extensión de rede será desde a rede existente de distribución de Unión Fenosa Distribución, S.A. ata a CPM do reclamante.

2. Unión Fenosa Distribución, S.A. ten que realizar todas as infraestruturas necesarias para dar cumprimento á obriga de mantemento e desenvolvemento da rede de distribución, de forma que garanta a capacidade de asumir a longo prazo, unha demanda razoable de distribución de electricidade.

3. Declarar que o reclamante non ten que sufragar ningunha partida en concepto de traballos de reforzo da rede e de acordo co previsto no punto 1, unicamente ten que sufragar os dereitos de extensión».

Terceiro. Dentro do trámite de requirimento de condicionados técnicos a organismos afectados, previsto no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que establece o procedemento de autorización de instalacións de distribución de enerxía eléctrica, e no artigo 37 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresarias en Galicia, foilles remitida separata técnica aos seguintes organismos: Servizo Provincial da Axencia Galega de infraestruturas, e ao Concello do Carballiño.

Cuarto. Ao presente expediente foron incorporadas as alegacións que en data 26.2.2019 R.E. nº 4308 presentou aos procedemento IN635A 2018/77-3 e IN407A 2019/2-3 (procedemento actual) Emilio Pedro González Iglesias en representación de Matadero Carballiño, S.L., o cal entre outras cousas considerou que o proxecto presentado por UFD dentro do procedemento actual debe completarse coas infraestruturas necesarias ata a CPM (primeiro elemento propiedade do solicitante), tamén a cargo da empresa distribuidora, alegacións das cales se lle deu traslado á empresa distribuidora.

Quinto. Con data do 13.3.2019 mediante o noso escrito con rexistro de saída nº 797 foille requirida a UFD documentación anexa ao proxecto presentado con indicación de prazos para a posta en servizo.

Sexto. UFD presentou escritos de contestación ás alegacións presentadas por Matadero de Carballiño, S.L. e tamén ao noso requirimento indicado no punto anterior, os cales foron rexistrados con números de entrada no Rexistro electrónico da Xunta de Galicia 2019/609963 do 20.3.2019 e 2019/698284 do 29.3.2019, nos que entre outras cousas sinala:

«…En resposta ao seu escrito con data de entrada 18 de marzo, indicámoslles que, con base na resolución ditada en data 19 de novembro de 2018 por esa xefatura territorial:

“Unión Fenosa Distribución, S.A. ten que realizar todas as infraestruturas necesarias para dar subministración eléctrica, de 250 kW en media tensión, ao reclamante para a súa parcela, garantindo os niveis de calidade e seguridade, debendo unicamente aboar o solicitante os dereitos de extensión á distribuidora que serán os que resulten da aplicación do anexo V, en relación ao artigo 9, da Orde ITC/3519/2009, do 28 de decembro”.

O proxecto presentado por UFD Distribución Electricidad, S.A. recolle todas as “infraestruturas [...] en media tensión” “ata o primeiro elemento propiedade do solicitante” con base na:

1. Instrución técnica complementaria ITC-RAT 19 do vixente Regulamento de instalacións de alta tensión, “Instalacións privadas para conectar redes de distribución e transporte de enerxía eléctrica”, que cita:

«1. Disposición da instalación. As instalacións privadas deben ser compatibles e estar coordinadas coa rede de distribución ou transporte de enerxía eléctrica a que están conectadas.”, neste caso, a rede de distribución de 20 kV de UFD Distribución Electricidad, S.A., conforme a antedita resolución, nun nivel de tensión de “media tensión”. A interpretación de que a instalación de distribución inclúa a rede de baixa tensión desvirtuaría o feito de que a subministración deba realizarse en “media tensión”».

«3. Especificacións particulares e proxectos tipo das entidades de transporte e distribución de enerxía eléctrica. Co gallo de lograr unha maior estandarización nas redes, unha maior uniformidade das prácticas da súa explotación, así como a debida coordinación de illamento e proteccións e facilitar o control e vixilancia de devanditas instalacións, as entidades de transporte e distribución de enerxía eléctrica deberán propoñer especificacións particulares e proxectos tipo uniformes para todas as instalacións privadas que se conecten ás redes situadas no territorio en que desenvolvan a súa actividade. Estas especificacións ou proxectos poderán ser propostas por un grupo de empresas para conseguir unha maior homoxeneización. As ditas especificacións ou proxectos deberán axustarse en calquera caso, aos preceptos do regulamento sobre condicións e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión, e deberán ser aprobadas polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo logo de audiencia pública e logo de informe da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC). Unha vez aprobadas as especificacións serán publicadas na páxina web do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo».

2. Especificacións particulares de UFD Distribución Electricidad, S.A., aprobadas polo ministerio, que se atopan publicadas, conforme o anteriormente exposto, na páxina web:

http://www.f2i2.net/legislacionseguridadindustrial/EspecificacionesEmpresasSuministradoras.aspx?regl=RAT

As correspondentes a esta sociedade son as seguintes:

Unión Fenosa Distribución

Código

Título

Estado

Edición en vigor/anulación

Edicións substituídas ou anuladas

Edición

Data

Resolución

Código

Edición

Data

Resolución

IT.07971.ES-DE.NOR

Especificacións particulares.

Requisitos técnicos para conexión de instalacións en alta tensión de Un>36 kV

V

1

sept.-18

15.10.2018

---

---

---

---

IT.07972.ES-DE.NOR

Especificaciones particulares.

Requisitos técnicos para conexión de instalacións en alta tensión de Un≤36 Kv

V

1

sept.-18

15.10.2018

---

---

---

---

IT.07974.ES-DE.NOR

Especificaciones particulares.

Requisitos técnicos de construción de subestacións conectadas a redes de alta tensión de Un>36 kV

V

1

abr.-17

19.7.2017

---

---

---

---

IT.08021.ES-DE.NOR

Proxecto tipo para a construción de centro de transformación en envolvente prefabricada e non prefabricada

V

1

xan.-17

19.7.2017

---

---

---

---

IT.08022.ES-DE.NOR

Proxecto tipo para a construción de centros de seccionamento en envolvente prefabricada e non prefabricada

V

1

xan.-17

19.7.2017

---

---

---

---

IT.08023.ES-DE.NOR

Proxecto tipo para a construción de centros de transformación intemperie

V

1

xan.-17

19.7.2017

---

---

---

---

E, a que aplica neste caso, a IT.07972.ES-DE.NOR, “Especificacións particulares. Requisitos técnicos para conexión de instalacións en alta tensión de Un≤ 36 kV’ que, no seu punto 5, “Definicións”, indica:

«Centro de protección e medida de cliente (CPMC): instalación situada augas abaixo do punto de conexión coa rede de distribución, onde se situarán os elementos de protección eamedida da instalación do cliente».

Neste caso, o punto de conexión é a cela de cliente do centro de seccionamiento telecontrolado. Augas abaixo deste punto, a instalación de media tensión pertence ao cliente:

Esta especificación indica no seu punto 6.4., “Instalacións de cliente”: “No caso de conexións desde unha instalación de interior (CS ou CT de distribución) o CPMC estará o máis próximo posible ao CS ou CT de distribución aínda que mantendo entre ambos unha separación física e accesos independentes. A separación física entre ambos será, polo xeral, non superior a 5 m».

Con base en todo o anterior, a instalación que menciona a resolución como “CPM” non pode ser outra que o que o proxecto presentado identifica como “centro de seccionamento” en media tensión, facendo tarefas, pois, de centro de protección e manobra (CPM).

Todo iso sempre e cando o nivel de tensión de subministración sexa en media tensión. En caso de que o cliente desexe que o primeiro elemento da súa propiedade sexa unha CPM en baixa tensión, o nivel de tensión de subministración correspondente sería “baixa tensión”, conforme o vixente Regulamento electrotécnico de baixa tensión.

É preciso engadir que ás solicitudes de máis de 100 kW en baixa tensión élles de aplicación o punto 2 do citado artigo 25 do Real decreto 1048/2013, en que se indica:

«2. Para o resto de instalacións de nova extensión necesarias para atender as solicitudes de novas subministracións ou ampliación das existentes, con base nas condicións técnicas e económicas a que se refire o artigo 21.1.b) do presente real decreto, o custo será por conta dos seus solicitantes, sen que proceda o cobramento de dereitos de extensión…».

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma Galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polo Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, e Decreto 245/2009, do 30 de abril, que regula as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites ordenados na Lei 24/2013 de 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e coa simplificación dos procedementos que lle son, se é o caso, de aplicación, tal e como se regula nos artigos 37 e 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e na Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas de 19 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de marzo).

Terceiro. Consta no expediente a aceptación de UFD aos condicionados establecidos polos organismos afectados: O Servizo Provincial da Axencia Galega de infraestruturas, e o Concello do Carballiño.

Cuarto. Á vista do escrito de UFD de contestación a alegacións, R.E. nº 2019/609963 e tamén do complementario de data 29.3.2019, antes sinalados, esta xefatura territorial entende que o conflito de conexión xa está resolto, como antes se indicou, e as infraestruturas previstas no presente proxecto: LMTS interconexión con CNO 804 e CS Centro de Seccionamento (3L) manobra exterior telecontrolado, obedecen ao cumprimento pola empresa distribuidora da citada Resolución, de data 19.11.2018, de levar a cabo a subministración eléctrica en alta tensión, 20 kV, a Matadero de Carballiño, S.L. ata o límite da súa propiedade, pois no presente caso se trata dunha solicitude de subministración de 250 kW que da lugar á aplicación dos dereitos de extensión en alta tensión, con aplicación directa do artigo 25.1 do Real decreto 1048/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica, sen que proceda, polo tanto, completar o proxecto presentado pola empresa distribuidora.

Quinto. O punto de conexión para as instalacións que promova Matadero Carballiño, S.L. é a cela de cliente do CS proxectado por UFD á tensión de 20 kV, que marca o límite da propiedade; augas abaixo deste punto as instalacións de conexión, protección, transformación e medida serán executadas dentro da súa parcela por esta empresa e seguindo as prescricións técnicas dos Regulamentos de aplicación.

Xa que logo,

RESOLVO:

1. Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, que constan no proxecto de UFD do 17.1.2019, de «LMTS e CS lugar Seoane (O Carballiño)», cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos, no seu caso, polos ministerios, organismos ou corporacións, que constan no expediente.

2. Desestimar as alegacións de Matadero Carballiño, S.L., debendo interpretar, polo tanto, que o proxecto de UFD, obxecto do presente expediente, si que desenvolve toda a infraestructura necesaria ata o primeiro elemento propiedade do particular.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de 1 mes a partir da notificación da presente resolución.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 4 de abril de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense