Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución ETX 44/2018, seguido por instancia de Emilio Maceiras Novo contra Pinfire Norte, S.L., foi ditado auto do 27 de marzo de 2019 en que se declara extinguida a relación laboral entre o executante e a empresa Pinfire Norte, S.L. e se condena a executada a aboar ao demandante a indemnización e os salarios de trámite.
A resolución non é firme e contra ela pódese interpor recurso de reposición no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.
E para que sirva de notificación a Pinfire Norte, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 17 de abril de 2019
A letrada da Administración de xustiza