Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22689

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 911/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento 911/2018, seguido por instancia de Lucía Suárez Seoane contra Haiku Cenzontle, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a Sentenza 186/2019, con data do 3 de abril de 2019, pola que se estima a demanda, contra a cal non cabe interpor ningún recurso. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Haiku Cenzontle, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza