Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 9 de maio de 2019 Páx. 22284

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4544/2018).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedimiento recurso suplicación 4544/2018 desta sección, seguido por instancia de Mercedes Rivas Pérez contra Servizo Público Emprego Estatal, Diseño Vilagarcía, S.L., Diseños Cancelas, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Teamsalon, S.L., Diseño sobre Desempleo, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decido.

Que debemos declarar e declaramos non admisible a trámite, por razón da contía litixiosa, o recurso de suplicación interposto pola graduada social Laura Prieto Currás, en nome e representación de Mercedes Rivas Pérez, contra a sentenza ditada en data do 19 de xullo de 2018, polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, en autos seguidos por instancia da recorrente fronte ao Servizo Público de Emprego Estatal, sobre diferenzas da prestación de desemprego, declarando igualmente a nulidade de todas as actuacións do devandito xulgado do social desde a admisión a trámite do recurso de suplicación e declarando firme a sentenza de instancia.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € en la conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co núm. 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao núm. do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para efectos da súa publicación no DOG a fin de que sirva de notificación en legal forma a Diseño Vilagarcía, S.L., Diseños Cancelas, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Teamsalon, S.L., Diseño Pontevedra, S.L., Diseño Hórreo 51 baixo, S.L.U., Iglesias Garaboa y Otra, C.B. coa advertencia de que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de abril de 2019

A secretaria xudicial