Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 9 de maio de 2019 Páx. 22307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e a documentación de solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Avícola Casás, S.C. para a ampliación da explotación avícola de polos de ceba nas Covas-Goberno, no concello de Castro de Rei (Lugo) (expediente 2017-IPPC-M-128).

Para os efectos previstos nos artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro de 2013), e no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Proxecto básico de modificación substancial de autorización ambiental integrada e estudo de impacto ambiental da granxa de polos en Castro de Rei (Lugo).

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, o documento estará á súa disposición, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2017-IPPC-M-128.

Peticionaria: Avícola Casás, S.C.

CIF: J27325059.

Enderezo social: praza de Galicia, nº 2,1º B, A Pastoriza (Lugo).

Localización da instalación: Finca Casás, As Covas, parroquia de Goberno, concello de Castro de Rei (Lugo).

Actividade: explotación avícola de ceba con 6 ciclos produtivos ao ano. O ciclo produtivo comeza coa chegada das aves ás instalacións cun día de vida e permanecen ata acadar os 2,5 kg de peso. Ao remate de cada ciclo realízase a retirada do esterco e a desinfección das naves.

Descrición: o proxecto de modificación consiste na ampliación da explotación avícola de ceba para aumentar a súa capacidade produtiva ata un total de 272.051 aves. Para isto, realizarase a construción de catro naves (dúas de 2.280 m2 e dúas de 2.660 m2) e unha esterqueira (7.776 m3). Ademais, proxéctase a instalación de 12 silos, 9 depósitos estancos (3.000 l) para almacenar augas residuais, un arco sanitario, dous depósitos de gas propano, dous contedores para cadáveres, unha máquina para elaborar labras de madeira e paneis fotovoltaicos na cuberta dunha das naves existentes.

Verteduras: as augas procedentes da limpeza das 8 naves da explotación unha vez realizada a modificación, almacenaranse en 8 depósitos estancos de 3.000 l (un por nave). As augas residuais do arco sanitario irán ao depósito estanco de recollida das augas de limpeza da nave 2. As augas dos aseos e vestiarios irán a unha fosa séptica e despois a un depósito estanco de 3.000 l. As augas de todos os depósitos estancos serán recollidas por un xestor autorizado e as augas pluviais verteranse directamente ao medio.

O esterco producido será entregado a un xestor autorizado.

Inclúese na documentación presentada o grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles, atendendo ao recollido na Decisión de execución (UE) 2017/302 da Comisión, do 15 de febreiro de 2017, pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) no marco da Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, respecto á cría intensiva de aves de curral ou de porcos.