Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 9 de maio de 2019 Páx. 22309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e a documentación de solicitude de autorización ambiental integrada presentados por Granxa Avícola O Viso, S.L. para a ampliación dunha explotación de galiñas de posta en gaiolas e galiñas campeiras en Dombodán, no concello de Arzúa (A Coruña) (expediente 2018-IPPC-I-75).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), e no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o seguinte documento titulado:

– «Proxecto de solicitude de autorización ambiental integrada explotación gandeira do Viso».

Para que calquera interesado poida consultar e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, o documento estará á súa disposición na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2018-IPPC-I-75.

Peticionaria: Granxa Avícola O Viso, S.L.

CIF: B15334063.

Enderezo social: A Pena, s/n, Dombodán-Arzúa (A Coruña).

Localización da instalación: parroquia de Dombodán, concello de Arzúa (A Coruña).

Actividade: explotación avícola de posta para o consumo con dous sistemas de produción, aves en gaiolas acondicionadas distribuídas en tres naves (naves A, B e C) e galiñas campeiras situadas nunha única nave con acceso libre a un parque exterior.

En ambos sistemas o ciclo produtivo dura ao redor de 85 semanas. Este comenza coa chegada das aves ás instalacións con 17 semanas de vida e empezan a posta 1-2 semanas máis tarde. Cando acadar as 102 semanas de vida son levadas ao matadoiro. Ao remate de cada ciclo realízase a retirada do esterco e a limpeza e desinfección das naves.

Descrición: o proxecto consiste na ampliación da explotación para aumentar a súa capacidade produtiva cun total en 54.044 aves (52.280 galiñas en gaiolas e 1.764 aves campeiras). Para isto, incorporaranse a maiores na nave C, 912 gaiolas que albergarán 13.680 galiñas de posta e incorporaranse á nave existente de galiñas campeiras, 365 aves. Ademais alugarase unha esterqueira situada fóra da explotación con capacidade de 1.772,36 m3 que contará cunha fosa de lixiviados de 60,5 m3.

Verteduras: as aguas residuais xeradas nos aseos son recollidas nunha fosa estaca (1.500 l) e posteriormente serán retiradas por un xestor autorizado. As augas residuais da limpeza das naves con gaiolas e da nave con campeiras mesturaranse co esterco producido e trasladaranse á esterqueira. As augas pluviais verteranse directamente ao medio.

O esterco producido será valorizado por un xestor autorizado.

Inclúese na documentación presentada o grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles, atendendo ao recollido na Decisión de execución (UE) 2017/302 da Comisión do 15 de febreiro de 2017 pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) no marco da Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello respecto á cría intensiva de aves de curral ou de porcos.