Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 9 de maio de 2019 Páx. 22306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 30 de abril de 2019, do Servizo Técnico-Normativo, polo que se fai pública unha notificación no procedemento de solicitude de acceso a información pública (número de entrada 27693/RX 504321) ao non ser posible a notificación persoal ao interesado.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo a comunicación da presentación dunha solicitude de acceso a información pública, dereito regulado na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e na Lei de Galicia 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos.

O expediente relacionado está ao dispor da persoa interesada nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, para que poida consultalo e formular as alegacións que considere oportunas durante o prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Unha vez transcorrido ese prazo e, de ser o caso, á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presenten, ditarase a resolución que corresponda.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2019

Fernando Iglesias Quintela
Xefe do Servizo Técnico-Normativo

ANEXO

Expediente: solicitude de acceso a información pública (número de entrada 27693/RX 504321).

DNI da persoa interesada: 13106638L.

Acto de notificación: comunicación de presentación da solicitude.