Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 9 de maio de 2019 Páx. 22497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de abril de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao monte de Guldriz, concello de Friol (expediente 92/80).

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 27.3.2019 figura o seguinte acordo:

«Monte de Guldriz (expediente 92/80) pertencente aos veciños da parroquia de Guldriz, no termo municipal de Friol. En reunións do Xurado dos anos 2006, 2009, 2015 e 2016 acordáronse as exclusións de varios predios como consecuencia de diversas sentenzas xudiciais. O Servizo de Montes, en informe emitido o 15.11.2018, comproba un erro gráfico no plano resultante do acordo do ano 2015, no cal aprecia unha desviación na localización das parcelas excluídas con anterioridade (anos 2006 e 2009). Esta desviación transmitiuse tamén á última modificación do ano 2016. Procede corrixir o esbozo do monte de xeito que reflicta correctamente as superficies excluídas nas sucesivas modificacións. O monte tería a configuración gráfica que se recolle no plano que se achega no informe e a superficie resultante é de 205 ha. Considerando o disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, que establece que as administracións públicas poderán rectificar, en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, proponse corrixir o erro co que o monte de Guldriz queda cunha superficie de 205 ha. En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda rectificar o erro constatado e proceder ás oportunas correccións no expediente de conformidade co informe do Servizo de Montes».

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícase o devandito acordo.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 23 de abril de 2019

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo