Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 9 de maio de 2019 Páx. 22498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de abril de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao monte de Santa María de Muxa, concello de Lugo (expediente 26/83).

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 27.3.2019 figura o seguinte acordo:

«Monte Xartego, do Medio, Cerro, Guimarei, Outeiro e Toire (expediente 26/83), pertencente aos veciños da parroquia de Santa María de Muxa, do termo municipal de Lugo. O 27.8.2018 recíbese copia autenticada de sentenza firme ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Lugo, do 25.5.2015, ditada no procedemento ordinario 869/2014, na cal, estimando a demanda presentada declárase: “[...] a favor de José Manuel Fernández Méndez a titularidade da propiedade do predio denominado Deveselas, sito na parroquia de Santa María de Muxa, termo municipal de Lugo, actual parcela 185 do polígono 408, con referencia catastral 27900A408001850000HY e unha superficie de 6.346 m² [...]”.

Dado traslado da documentación ao Servizo de Montes, o 1.2.2019 emítese un informe (núm. 72/18) especificando as modificacións resultantes, nos termos que no dito informe se describen, co que o monte Xartego, do Medio, Cerro, Guimarei, Outeiro e Toire quedan cunha superficie de 49,92 hectáreas. Achégase esbozo da situación actual do monte veciñal afectado. Examinada a devandita sentenza, o Xurado, por unanimidade, acorda dar cumprimento ao establecido nela e proceder ás correccións oportunas, coa incorporación do esbozo referido ao expediente de clasificación».

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícase o devandito acordo.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a eficacia do acto notificado quedará supeditada até a súa publicación no BOE.

Lugo, 23 de abril de 2019

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo