Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 8 de maio de 2019 Páx. 22100

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Negreira

EDICTO (XVB 391/2017).

Xulgado: Primeira Instancia e Instrución número 1 de Negreira.

Procedemento: xuízo verbal 391/2017.

Demandante: María Meijide Ferreiro.

Procurador: Xosé Martínez Lage.

Demandado: Baldomero Corzón.

Resolución: Sentenza 31/2019, do 18.3.2019.

Impugnación. Cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña. O recurso interpoñerase ante este xulgado dentro do prazo de 20 días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, expoñendo as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e con expresión dos pronunciamentos que impugna.

En atención ao descoñecemento do actual domicilio do demandado Baldomero Corzón, de acordo co disposto no artigo 497.2 da LAC, acordouse notificarlle a sentenza por medio deste edicto e fáiselle saber que esta se atopa á súa disposición neste xulgado.

Este edicto cumpre coas condicións de publicación establecidas na instrución 6/12 da secretaria xeral da Administración de xustiza.

Negreira, 20 de marzo de 2019

Julia María Branco Moure
Letrada da Administración de xustiza