Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 8 de maio de 2019 Páx. 22098

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo

EDICTO (218/2018).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Mondoñedo, 4 de abril de 2019.

Vistos por Cristina Díaz Rodríguez, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo, os autos do xuízo ordinario 218/2018 en que son partes o demandante, Hugo Aenlle Muíña, asistido polo letrado señor Fernández Rodil e representado polo procurador señor Fernández Expósito, e os demandados, os ignorados herdeiros legais e/ou testamenteiros de Jesús, Genoveva, Eliseo, Remedios, María Antonia, José María, Concepción, Josefa e Carmen Gutiérrez Villar, declarados en situación de rebeldía procesual.

Resolución.

Estimo integramente a demanda interposta por Hugo Aenlle Muíña contra os demandados, os ignorados herdeiros legais e/ou testamenteiros de Jesús, Genoveva, Eliseo, Remedios, María Antonia, José María, Concepción, Josefa e Carmen Gutiérrez Villar e, en consecuencia, declaro a procedencia da disolución da comunidade que manteñen as partes neste procedemento sobre os predios referidos no feito primeiro da demanda e, en período de execución de sentenza, procédase á súa venda en pública poxa con admisión de licitadores estraños e que se distribúa e entregue o prezo que se obteña da citada poxa conforme a participación que teña cada parte na titularidade dos predios.

Impóñenselle as custas á parte demandada».

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de 20 días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos ignorados e descoñecidos herdeiros de Genoveva, Eliseo, Remedios, Antonia, Jesús e José María Gutiérrez Villar, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Mondoñedo, 9 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza