Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 7 de maio de 2019 Páx. 21948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANUNCIO do 22 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a notificación por comparecencia do acordo para a execución da resolución do procedemento SXRH-PD-34/17.

Intentouse a notificación do acordo para a execución da resolución do procedemento disciplinario tramitado coa referencia SXRH-PD-34/17, no domicilio da persoa interesada e no seu centro de traballo, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), procédese á publicación deste anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada que se indica a continuación de que o director xeral de Centros e Recursos Humanos ditou acordo para a execución da resolución no procedemento que se indica deseguido:

DNI da persoa interesada: 32808727D.

Procedemento: procedemento disciplinario SXRH-PD-24/17.

A persoa interesada poderá solicitar unha copia do acordo de execución mediante comparecencia no prazo máximo de dez (10) días hábiles, de luns a venres (agás festivos), das 10.00 ás 13.00 horas, nas dependencias do IES de Vilamarín ou nas dependencias do Servizo de Réxime Xurídico e Recursos da Consellería de Educación, Universidade e FP no Edificio Administrativo San Caetano, na cidade de Santiago de Compostela. O dito prazo comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Se transcorrido o dito prazo non tivese comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra o acordo de execución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada, no prazo de dous meses, pode formular directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela (en correspondencia coa sede do órgano que ditou o acordo) ou no xulgado do contencioso-administrativo correspondente ao domicilio da persoa interesada, de conformidade co previsto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo. Tamén, con carácter previo e potestativo, pode formular recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes, consonte o artigo 116 da LPACAP. Os prazos citados comezarán a contar desde o día seguinte ao da notificación do antedito acordo.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2019

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos