Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 7 de maio de 2019 Páx. 21938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 15 de abril de 2019, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-01563-O-2018 e cinco máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador PO-01563-O-2018 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2019

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-01563-O-2018

2288-FNS

02213228F

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

2.2.2018; 08.34; AP-9; 137,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

PO-02474-O-2018

5468-CYM

36030677G

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

13.3.2018; 19.13; N-552; 4,1

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-00974-O-2018

7907-HRZ

76349131X

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

6.3.2018; 11.12; AP-9; 93,0

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-01105-O-2018

0681KFF

78784320M

Incumprir o réxime de tarifas vixente para o servizo de taxi.

29.3.2018; 17.15; AC116; 2,800

Art. 61.d) Lei 4/2013

Art. 63 Lei 4/2013

601 euros

XC-01225-O-2018

7169-CCB

33236018Y

Os extintores de incendios non pasaron a inspección periódica.

9.4.2018; 09.00; AC-408; 0,0

Art. 141.5.3 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-01289-O-2018

7169-CCB

33236018Y

Transporte de mercadorías perigosas en vultos etiquetaxes ou marcados inadecuadamente.

9.4.2018; 09.00; AC-408; 0,0

Art. 141.5.12 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros