Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21644

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de auto de aclaración de sentenza (900/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 900/2016, por instancia de Andrés Alfredo Cavallaro contra a empresa Naval Metalúrgica Donis, S.L., sobre cantidade, en que se ditou auto de aclaración da sentenza con data do 9 de abril de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva:

«Dispoño:

Estimar a solicitude de aclarar a sentenza ditada neste procedemento, con data do 12.3.2019 e, en consecuencia, a resolución da sentenza quedará do teor literal seguinte:

“Estímase parcialmente a demanda interposta por Andrés Cavallaro Moraña contra a empresa Naval Metalúrgica Donis, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Condénase a empresa Naval Metalúrgica Donis, S.L. a aboar a Andrés Cavallaro Moraña a cantidade de mil seiscentos dezaoito euros con noventa e nove céntimos (1.618,99 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro por mora previsto no artigo 29.3 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe ningún recurso por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer do recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña”.

Contra este auto non cabe interpor recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor contra a resolución aclarada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Naval Metalúrgica Donis, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza