Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21646

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (98/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de seguridade social 98/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen Torres Dacosta contra Styl Malla, S.L., sobre seguridade social, se ditou sentenza con data do 8 de marzo de 2019, impugnable en reposición no prazo de cinco días, a cal está ao seu dispor na sede deste xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Styl Malla, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza