Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21654

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 219/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 219/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Alfredo López Dapena contra a empresa Carma 1.402, S.C., Mª Peregrina López Dapena, Carlos Gómez García, sobre reclamación de cantidade, se ditou Decreto do 11 de abril de 2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Acordo: reabrir a presente execución por terse ingresado na conta deste xulgado a suma de 647,90 euros como consecuencia do embargo realizado sobre as devolucións tributarias pendentes de aboar a María Peregrina López Dapena, e requirir a Óscar Alfredo López Dapena e ao Fogasa a fin de que, no prazo de tres días, faciliten un número de IBAN a que transferir a cantidade que corresponda en proporción aos seus créditos, é dicir, 185,17 euros a Óscar Alfredo López e 462,73 euros ao Fondo de Garantía Salarial.

Dar traslado a Óscar Alfredo López Dapena e ao Fondo de Garantía Salarial a fin de que, no prazo de quince días, poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada e, en caso contrario, declararase a súa insolvencia.

Notifíquese ás partes e a Carma 1.402, S.C., Mª Peregrina López Dapena, Carlos Gómez García, por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia, e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Carma 1.402, S.C., Mª Peregrina López Dapena, Carlos Gómez García, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza