Por comunicación do día 17 de abril de 2019 dáse conta do cesamento por xubilación de Miguel Ángel Cadenas Sobreira, e de que pasa a desempeñar en funcións o cargo de presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Antonio Jesús Outeiriño Fuente.
En virtude do artigo 14.1.a) da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, o presidente da Xunta Electoral de Galicia é o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Deste xeito, ao abeiro do artigo 18.6 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, a Xunta Electoral de Galicia resolveu declarar para público coñecemento en virtude do seu contido de carácter xeral:
Presidente da Xunta Electoral de Galicia: Antonio Jesús Outeiriño Fuente, presidente en funcións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Vicepresidente: José María Gómez y Díaz Castroverde, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 14.1.b).
Vogais: maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 14.1.c):
Antonio García Amor
Fernando Alañón Olmedo
María Azucena Recio González
Vogais: profesores en activo das facultades de Dereito, de Ciencias Políticas ou de Socioloxía das Universidades de Galicia (artigo 14.1.d):
Ángel Gómez Iglesias Casal
Jesús Martínez Girón
Santiago Antonio Roura Gómez
Francisco Javier Sanjiao Otero
Secretario: Xosé Antón Sarmiento Méndez, letrado maior do Parlamento (artigo 15.2).
A Coruña, 24 de abril de 2019
Antonio Jesús Outeiriño Fuente
Presidente da Xunta Electoral de Galicia