Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 2 de maio de 2019 Páx. 21299

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 23 de abril de 2019 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral de Medios, anunciada pola Orde do 7 de marzo de 2019.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral de Medios, anunciada pola Orde do 7 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 54, do 18 de marzo), de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral de Medios, anunciada pola Orde do 7 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 54, do 18 de marzo).

Segundo. Adxudicar destino no posto de traballo que se indica, e seleccionar a funcionaria que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o funcionario obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, de conformidade co establecido no artigo único do Decreto 166/2013, do 14 de novembro, que modifica o artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos á interesada. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa a funcionaria, así como daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2019

O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
P.D. (Orde do 12.11.2013; DOG nº 219, do 15 de novembro)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia

ANEXO

Apelidos e nome: Sobrado Lois, Ana Cristina.

DNI: ***1163**.

Subgrupo: C1.

Corpo/escala: corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Denominación do posto: xefatura da Sección de Apoio Técnico e Habilitación.

Código: PX.201.00.000.15770.022.

Nivel: 25.

Dependencia: Secretaría Xeral de Medios.

Localidade: Santiago de Compostela

*O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.