Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 2 de maio de 2019 Páx. 21295

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2019 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas relativa ao asesoramento técnico nos expedientes de ampliación do Centro Mixto de Investigación Aerotransportada de Rozas (Lugo).

De conformidade cos artigos 8 e 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión da Axencia Galega de Innovación á Axencia Galega de Infraestruturas para o asesoramento técnico nos expedientes relativos á ampliación do Centro Mixto de Investigación Aerotransportada de Rozas (Lugo).

Obxecto: encomenda de xestión da Axencia Galega de Innovación (Gain) á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) para a realización dos seguintes traballos:

1. Control da execución da encarga da Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), asinado o 14.12.2018 con Gain, para a realización das obras de acondicionamento e urbanización da ampliación do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR), en Lugo.

Neste senso, a AXI terá atribuídas as funcións de dirección facultativa da encarga coas funcións que para tal efecto se recollen nel. Gain procederá ao nomeamento do/dos técnico/s que lle comunique a AXI para o desenvolvemento desa función.

Así mesmo, a AXI prestará asesoramento técnico no resto de cuestións derivadas da execución da obra.

2. Asesoramento técnico na contratación e execución do servizo de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde, que executará Tragsa, segundo a encarga asinada o 14.12.2018 con Gain.

3. Asesoramento técnico na contratación do servizo de certificación aeronáutica que executará Tragsa, segundo a encarga asinada o 14.12.2018 con Gain.

Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao realizarse entre órganos (Axencia Galega de Innovación e Axencia Galega de Infraestruturas) dotados de personalidade xurídica propia e ser a Axencia Galega de Infraestruturas medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos poderes adxudicadores dependentes dela.

Prazo de vixencia: a vixencia da presente encomenda entenderase desde a súa sinatura ata a data de fin da encarga de Gain a Tragsa, que será o 11 de xullo de 2019.

Prórrogas: poderán ser acordadas as prórrogas do prazo de execución que sexan necesarias sempre e cando estean xustificadas as causas do atraso. As prórrogas acordaranse por un tempo igual ao tempo perdido, agás que a AXI solicite outro menor.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2019

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación