Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 2 de maio de 2019 Páx. 21310

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 135/2017).

PO Procedemento ordinario 135/2017

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Lumar Seafood International, S.L.

Avogado: Vidal Galindo Ferrero

Demandado: David Mendoza Sabe

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que por resolución ditada no día da data no procedemento ordinario 135/2017 seguido neste xulgado do social, por instancia de Lumar Seafood International, S.L. contra David Mendoza Sabe, sobre ordinario, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar David Mendoza Sabe, en ignorado paradoiro, a fin de que compareza o día 9 de maio de 2019, ás 10.35 horas na planta baixa, sala de vistas, do edificio dos Xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a David Mendoza Sabe, en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza