Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 2 de maio de 2019 Páx. 21309

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 905/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 905/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lydia Veiga Domínguez contra Escribanos de Gordon, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza:

Resolución

Estímase a demanda interposta pola parte demandante fronte á empresa Escribanos de Gordon, S.L.U. e condénase a demandada a aboarlle a cantidade de 3.052,49 euros máis o xuro de demora do artigo 29.3 do ET. Non se fai imposición de custas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación en cinco días desde a notificación desta sentenza.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Escribanos de Gordon, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza