Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 21161

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de xestión de biomasa.

De conformidade co disposto nos artigos 44 a 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentadas sen efecto as comunicacións de trámite de audiencia de xestión de biomasa segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei, ás persoas titulares das referencias catastrais a continuación descritos, por un prazo de quince (15) días, para os efectos de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificantes que xulguen pertinentes, publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, e a eficacia do acto notificado queda supeditada á súa publicación no BOE.

As persoas interesadas poden coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e do correspondente expediente no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. A comparecencia realizaranse nas dependencias municipais, Área de Medio Ambiente, Servizos e Obras, situadas en rúa do Concello, 12, 15189 Culleredo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Nº expediente

Referencia catastral

Propietario

UME/2017/490

15031A01000159

Antonio Amboage Fondevila

UME/2018/49

15031A05600139

María Rumbo García

UME/2019/119

15031A04100176

María Latina Precedo Lafuente

Culleredo, 8 de abril de 2019

José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente