Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 21162

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a apertura da vía e reaxuste de aliñacións en Franzomel-Liáns (expediente FG número 631).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 28 de marzo de 2019, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para a apertura da víal e reaxuste de aliñacións en Franzomel-Liáns, polígono de solo urbano non consolidado Franzomel-2 (Doc. con data do 19.11.2018, nº 21712).

O estudo de detalle é unha disposición xeral, polo que contra el poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 2 de abril de 2019

Ángel García Seoane
Alcalde presidente