Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 21160

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, por concurso específico, de varios postos de traballo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 57, do 25 de marzo, e no núm. 59, do 27 de marzo de 2019, publicáronse as bases aprobadas mediante resolucións da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 12 de marzo e 15 de marzo de 2019, referente ás convocatorias para prover os seguintes postos de traballo polo sistema de concurso específico:

1 posto de xefe/a do Servizo de Xustiza Social do Concello da Coruña, funcionaria/o de carreira do subgrupo A1, escala de Administración xeral ou especial.

1 posto de xefe/a do Servizo de Educación do Concello da Coruña, funcionaria/o de carreira do subgrupo A1, escala de Administración xeral ou especial.

1 posto de xefe/a do Servizo de Cultura do Concello da Coruña, funcionaria/o de carreira do subgrupo A1, escala de Administración xeral ou especial.

1 posto de xefe/a do Servizo de Participación Cidadá e Innovación do Concello da Coruña, funcionaria/o de carreira do subgrupo A1, escala de Administración xeral ou especial.

O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Estas convocatorias e a súas resolucións publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 15 de abril de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Economía, Facenda e Administración