Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 21155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento de liquidación por execución subsidiaria ditada no expediente sancionador en materia de estradas de clave 124/17.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á interesada relacionada no anexo o acto que se indica en expediente sancionador en materia de estradas (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia), logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a destinataria ou porque, unha vez intentada, non se puido practicar a notificación.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a interesada disporá dun prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede desta Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (avda. María Victoria Moreno, 43-1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexa examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 3 de abril de 2019

José Luis Díez Yañez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesada

Acto notificado

Precepto infrinxido

Estrada

124/17

Sanxenxo Explotaciones Forestales, S.L.

Liquidación por execución subsidiaria

61.2.f)

VG-4.1, Sanxenxo, A Lanzada