Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 21105

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de auto (ETX 53/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 53/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Piso Neira contra Pescados Carbia, S.L. sobre despedimento, foi ditado auto despachando execución do 4.4.2019, impugnable en reposición no prazo de tres días, que se encontra ao seu dispor na sede deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Carbia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 4 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza