Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 21104

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 634/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 634/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Moustapha Diop contra Servicar 2017, S.L. sobre despedimento, foi ditada sentenza do 21.3.2019, impugnable en suplicación no prazo de cinco días, que se encontra ao seu dispor na sede deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicar 2017, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 4 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza